ONTE FOI INAUGURADO UN "CURSO DE MECÁNICA BÁSICA DO AUTOMÓBIL"
Onte tivo lugar á apertura do curso de "Mecánica básica do automóbil " que organiza a Deputación a través do Programa Actívate na Casa Escola de Pousiño-Pazos de Borbén. O deputado Severino Reguera asistíu á presentación da nova actividade formativaEsta iniciativa está enmarcada na terceira edición do Programa «Actívate» que posibilitará que 2.200 persoas de entre 16 e 35 anos poidan complementar a súa formación en diversas materias a través de cursos totalmente gratuítos.
Con esta acción a Deputación contribúe á formación dos mozos en materias que poidan facilitarlles a inserción no mercado laboral especialmente naquelas disciplinas nas que existe un nicho de mercado emerxente. No marco desta iniciativa poñeranse en marcha accións formativas en materias como mecánica do automóbil; atención ó público; primeiros auxilios, coidado de persoas maiores; prevención de riscos laborais, informática, galego, inglés; linguaxe de signos; poda e xardinería, caixeira e repoñedora; corte e confección; técnicas de relaxación e educación ou reparacións domésticas: fontaneiro, albanel e carpinteiro, etc..
apertura do curso de Mecánica básica do automóbil " que organiza a Deputación a través do Programa Actívate na Casa Escola de Pousiño-Pazos de Borbén. O deputado Severino Reguera asistíu á presentación da nova actividade formativa
A Deputación destina a este plan 80.000 euros. Actívate ofrece un total de 73 cursos de 30 horas de duración. En cada curso participarán unha media de 30 persoas.
O Programa «Actívate» posibilitou a formación de 4.000 mozos nas súas dúas primeiras edicións que sumados ós 2.200 participantes da terceira edición sumará un total de 6.200 mozos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario