A DEPUTACIÓN APOSTA POLOS MÁIS NOVOS
O tudense Adrián Solleiro González acadou o 1º Premio do X Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense
Unha década apostando polos mozos que representan o futuro da arte. Dez anos leva xa o Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, e en cada nova edición cunha maior participación e unha excelente acollida por parte da crítica e os propios artistas.
Desde o venres pódense ver as obras premiadas no X Certame da Deputación de Ourense nas instalacións do Centro Cultural da institución. Nesta ocasión o primeiro premio recaeu en Adrián Solleiro González por un traballo en vídeo titulado Adoleciente. O galardoado, que na actualidade estuda Belas Artes en Granada, cursou estudos hai anos na Escola Antonio Faílde, de Ourense. Xunto ao de Tui, que levou os 6.000 euros do galardón desta convocatoria para artistas menores de 30 anos, foron premiados Tamara Feijoo Cid, que levou os 4.000 euros do segundo premio pola súa pintura titulada Calystegia (da serie Naturezas invasoras), e Sheila Pazos conseguiu os 2.000 euros do terceiro premio por unha fotografía presentada sen título. Adrián Solleiro estivo representado pola súa nai, ao impedirlle desprazarse ata Ourense un compromiso na facultade. O xurado que fallou a convocatoria estivo integrado pola catedrática de escultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Yolanda Herranz Pascual, a critíca de arte Mercedes Rozas, o pintor Xesús Vázquez e o escultor e profesor do campus ourensán Xavier Riomao. O xurado concedeu accésits a Laura Piñeiro e Alexandra Agis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario