O día 25 de setembro de 2011 INFOGAUDA cumpliu os seus primeiros 4 anos de existencia. Catro anos de pluralidade informativa, que é o noso obxectivo prioritario. Catro anos de labor, sen procurar ningunha compensación material nin persoal.
Para as persoas que formamos a equipa de INFOGAUDA, o verdadeiramente importante son os lectores. A eles, únicamente a eles, nos debemos. Sobor de todo os que non seguen cada día. Os que nos visitan na fin de semana. Os que o fan de cando en vez. Os que lles gusta como informamos e tamén os que non, pero que nos respectan igoalmente. Os que nos aprecian. Os que nos remesan seus comunicados, súas imaxes, seus comentarios, súas críticas,..., E os que nos apoian cos seus ánemos e coa súa amizade. A todos, 69.000 grazas.
69.000 grazas por visitar INFOGAUDA desde calquer punto de Galicia e de España - onde temos a nosa maior audiencia -, seguido de Francia, Estados Unidos, Portugal, Canadá, , Luxemburgo, Dinamarca, Brasil, Reino Unido, Noruega, Rusia, Arxentina, Alaska, Andorra, Bélgica, Singapur, ...
69.000 grazas, correspondentes ás máis de 69.000 visitas contabilizadas desde que instalamos – o 10 de abril de 2009 – e desde 0, o actual contador. Quixemos face-lo así, con rigurosidade. Por iso agradecemos de todo corazón a xenerosidade dos lectores de INFOGAUDA. Por todos vós asumimos o compromiso informativo que caracteriza a este xornal dixital. Por certo, o único medio de comunicación de A Guarda, cuio administrador, a instancia de uns clientes – un político local e un aparellador municipal- , recibiu de un despacho de avogados de Vigo, un burofax con certificación de acuse de recibo, instándonos a que lles informásemos “(...) de los nombres y apellidos, domicilios y números de D.N.I. de la persona o personas responsables de los comentarios, viñetas y demás opiniones (…).”

Ese día - 26 de febreiro de 2011 - e nos sucesivos, foi cando realmente tivemos constancia da necesidade de que INFOGAUDA desenvolva súa labor informativa, e o mesmo tempo foi unha oportunidade na que comprobamos a solidariedade e o apoio de moitísimas persoas, que viron no contido do devandito burofax unha intentona de silenciarnos. Por iso, hoxe máis que nunca: 69.000 GRAZAS!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario