2 de set. de 2011

A GUARDA



COMUNICADO DO CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DA GUARDA SOBRE O PECHE DO SERVIZO DO FERRY A GUARDA - CAMINHA

Ante o eminente peche do servizo do ferry entre a Guarda e Caminha, dende Centro Democrático Liberal da Guarda, creemos que e necesario a unión entre todos os partidos políticos do concello da Guarda. É hora de remar todos na mesma traiñeira, e na mesma dirección para chegar a bo porto, non podemos enfrontarnos uns cos outros neste momento tan difícil como o que estamos vivindo, e o que a xente que non quere o ferry esta desexando.

O CDL – A Guarda fae un chamamento a todos os colectivos tanto culturais como sociais e en especial o empresarial, para que se unan a remar nesta traiñeira para conseguir que o servizo do ferry entre a Guarda e Caminha non se peche.

O CDL – A Guarda, vai a establecer unha rolda de contactos para estudar a elaboración dun calendario de actos, para manifestar o desacordo co peche deste servizo que para os concellos da Comarca do Baixo Miño e Val Miñor e para os do Norte de Portugal é tan importante; dado que establece unha ruta comercial que na Guarda en temporada estival representa o 50% dos ingresos dos hostaleiros e do sector comercial que da traballo a 9 persoas tanto lusas como Españolas e que representa un tráfico tanto de vehículos coma de autobuses duns 30.000 autocares así coma de persoas que fan o traxecto Caminha – A Guarda e viceversa dunhas 100.000 persoas.

Xermán Cordero Verde, coma Presidente desta formación Política, xa puxo en coñecemento desta situación o Presidente Provincial de Pontevedra desta formación, D. Luís Manuel Fraga Rego para que se o estiman oportuno den conta del o Presidente Autonómico da Formación Política, D. José Munuel Rodríguez Palacin para que den dar paso a establecer contactos cos socios europeos ELDR (Grupo Liberal Demócra Europeo) para que nos poidan guiar nunha solución.

Dende o CDL – A Guarda, facemos un chamamento a toda a cidadanía para que exprese a súa repulsa e que participe nos futuros actos que se farán para demandar do Estado Español, e do Ministerio de Medio Ambiente o dragado do canal do ferry, para que este mesmo siga transitando e unindo as dúas vilas irmáns A Guarda e Caminha e que siga frutificando ese lazo de unión entre o País Veciño Portugal e a comunidade Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario