14 de set. de 2011

A GUARDA



O CDL – A GUARDA MANIFESTA O SEU DESCONTENTO COA ACTITUDE DO GRUPO DE GOBERNO
O Presidente do Centro Democrático Liberal da Guarda, Xermán Cordero Verde manifesta o seu descontento pola actitude do Sr. Alcalde da Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas, por non invitar o Presidente do CDL – A Guarda a reunión que tubo lugar o pasado luns, día 12 de setembro, no concello onde se deu a coñecer a carta que tanto levaba esperando o Sr. Alcalde, da dirección Xeral de Costa e Mar, onde sí participaron tanto forzas políticas como sociais do pobo guardés.
Esperamos que nos próximos días o Sr. Alcalde, teña a amabilidade de porse en contacto con esta formación política.
O CDL – A Guarda manifesta públicamente o seu interese polo tema do ferry. Xa que dita formación sí existe e está na rúa traballando polo pobo da Guarda, así o demostran mes a mes onde levan presentado mocións no concello, onde total o parcialmente se veñen aprobando puntos que esta formación política ven presentando.
Aproveitamos esta nota de prensa para agradecer o Portavoz Municipal do BNG, Xan Lois Lomba por invitar a esta formación as reunións que teñen cos distintos grupos e asociacións para manternos informados dos trámites levados.


Xermán Cordero Verde
Presidente do Centro Democrático Liberal – A Guarda


A Guarda, a 13 de setembro do 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario