23 de xul. de 2011

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN APROBOU UNHA SUBVENCIÓN DE 64.000 EUROS PARA PARTICIPACIÓN CIDADÁ DA QUE SE BENEFICIARÁN TRES ENTIDADES DO BAIXO MIÑO







A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as axudas para Participación Cidadá 2011 por un importe global de 64.000 euros. En total foron beneficiadas tres entidades do Baixo Miño.

As axudas teñen por obxecto promover o asociacionismo e a participación cidadá. Concretamente, a primeira das axudas irá á Asociación Amigos da Musica de Salceda de Caselas e terá por obxecto a organización do VII Curso Internacional Semana Musical 2011.

En segundo lugar, a Asociación de Discapacitados do Baixo Miño de Tomiño recibirá unha subvención para organizar un Concurso de Guións de Curtametraxes.

Por último, a Asociación Cultural pola Creación Artística Enfoques-Tui, obterá unha subvención para o VII Play Doc 2011.

En total a Deputación apoia con esta iniciativa a 59 entidades culturais de Galicia para organizar eventos sociais e culturais na provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario