17 de xul. de 2011

A GUARDA

"O GOBERNIÑO" ESQUÉCESE DOS XARDÍNS DA PRAZA DE SANTO DOMINGO DOMINGO DE GUZMÁN


Infogauda / A Guarda

Algúns coidan que o pobo non se decata das cousas e actúan - é un decir - cando á axenda lles apremia. Nas vísperas. O resto do ano, esquecemento total. Logo pasa o que pasa. Os electores saben moi ben o que deben facer e así o demostraron o pasado 22 de Maio.
O goberniño municipal, se cadra máis preocupado do pecuniario a nivel persoal, que do servizo á comunidade veciñal, deixa para á última hora, o coidado de espazos públicos, como en máis dunha ocasión temos deixado constancia en Infogauda. Así acontece, por exemplo, cos xardíns da Praza de Santo Domingo de Guzmán. Totalmente esquecidos ó longo de todo o ano, e tan soio cando se aproxima á data dunha visita institucional é cando alguén da instruccións para face-los deberes que non foran feitos con anterioridade. Iso é o que unha vez máis, queda de manifesto e que se reflicte en varios medios dixitais, como Follaco Daorde e Copyquisqueya. Como proba do que decimos, convidamos os lectores deste xornal dixital, a comproba-lo, lendo o que segue:

XARDÍNS DA PRAZA DE SANTO DOMINGO DE GUZMÁN
Así van a recibir ao Vicepresidente da República Dominicana Sr. Rafael Alburquerque e a súa Dona Sra. Martha Montes de Oca, dispois de estar en completo abandono e limpeza os Xardín da Praza de Santo Domingo de Guzmán durante moi tempo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario