27 de xul. de 2011

FIGUEIRÓ

O MELLOR DA 6ª SEMANA CULTURAL DE SAN CAMPIO É NESTES DÍAS




Rubén Muñoz Alonso / Figueiró


Éxito de público na 6ª Semana Cultural de San Campio de Figueiró. O sábado a tradicional mallada de treboadas galego-portuguesas reuniu a máis de 120 bombeiros das 5 treboadas participantes. O numeroso público abarrotou a Praza do Telleiro, igual que as terrazas dos 3 establecementos hosteleiros. Os asistentes vibraron con son dos bombos ata a medianoite.

O domingo as distintas exibicións de baile e aerobic a cargo do grupo Bailas Moza? E dos nenos e nenas da parroquia fixeron as delicias dun público entregado que aplaudiu a marabillosa posta en escea onde non faltaron os máis vistoso efectos de son e luces.

O luns foi o día dos e nenos e nenas e dende logoa asistencia do público infantil superou as máis optimistas previsións da Asociación de Veciños Fonte Dos Carreiros. Ademais de inchables, festa de pompas e animación, o televisivo persoaxe de “BOB ESPONJA” fixo realidade o soño das decenas de nenos que bailaron,riron e fixeron longas colas para fotografarse con el. As risas inundaron lúdica e festiva xornada chea de ilusión e fantasía.
Por diante quedan 3 días de SEMANA CULTURAL coas actuacións do Grupo de Acordeóns de Valladares (que actuou o Martes 26 ás 10 da noite), o grupo XAMARAINA da Guarda (Mércores 27 ás 10 da noite) e a ACTUACIÓN O XOVES 28 DA BRASSBAN, que estamos seguros que porá un magnífico broche de ouro a esta semana.
A partir do día 29 comenza a tradicional Romería de San Campio de Lonxe que como tódolos anos reúne a un inmenso número de peregrinos e devotos de San Campio.


O venres 29 a TREBOADA BAIXO MIÑO recorrerá durante todo o día a parroquia e animará co seu ritmo o inicio da festa profana.

Pola noitiña é tradición achegarse ata Figueiró para degustar o tradicional e famoso cordeiro asado ademais doutras viandas típicas destas festas ( callos, empanadas,…)
A verbena correrá a cargo das orquestras ACORDES e CIUDADEVIGO.
O sábado a AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN fará entrada ás 10 da mañá para posteriormente ofrecer un concerto do lugar de costume tamén acompañará a procesión da misa solemne das 12:30h do mediodía.
Pola noite Gran Verbena coas orquestras MARAZUL E SAN FRANCISCO DE LEÓN.
O domingo 31 será a banda de Coruxo e a orquestra solamérica as que pecharán estas magníficas festas do SANTO MÁIS MIRAGREIRO DO BAIXO MIÑO.
Tódolos días haberá amplias zonas de aparcamento habilitadas para facilitar o estacionamento tanto de turismos como de autobuses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario