A primeira medida do alcalde do Rosal será subirse o soldo, segundo o BNG
Portavoz do Grupo Municipal e Responsábel Local do BNG
· Alberte Alonso: “O alcalde sairalle aos veciños do Rosal en preto de 63.000 euros anuais”.
Infogauda / O Rosal
Infogauda / O Rosal
O primeiro Pleno deste novo mandato que se celebrará este sábado ás doce horas da mañá, aprobará unha suba do salario do alcalde, segundo anuncia o BNG.
O portavoz do BNG no concello, Alberte Alonso Pereira, sae así ao paso das información publicadas este martes en Faro de Vigo, no que o alcalde afirma que “manterá” o salario que viña percibindo.
O edil nacionalista afirma que o alcalde estaba cobrando 46.577,16 euros brutos anuais e que na proposta da alcaldía que se debaterá no Pleno, o alcalde sobe o seu salario até os 47.721,98 euros. Un incremento do 2,45 por cento que supón 1.144,82 euros máis anuais. A estas cantidades, segundo indica o edil nacionalista, haberá que engadirlle a cotización a Seguridade Social que asume o concello, e que será duns 15.233 euros, polo que o alcalde sairalle aos veciños do Rosal nuns 62.955 euros anuais.
Nese sentido, Alonso Pereira cualifica de 'pouco serio' subirse o salario aproveitando a constitución da nova Corporación, cando este ano os pensionistas e os traballadores públicos, entre eles os do concello, verán conxelados os seus ingresos. E sobre todo, indica, tendo en conta a grave situación económica pola que estamos pasando. Alberte Alonso considera que o alcalde do Rosal xa ten un “moi bo salario”, superior ao de concellos limítrofes, e que non lle fai falla subilo. Nese sentido comparou o salario do alcalde do Rosal co da alcaldesa de Tomiño -un concello que duplica a poboación e superficie do Rosal-, sinalando que a alcaldesa con menos salario ten realizado unha xestión moito máis eficaz.
Así mesmo, manifestou estar de acordo con que haxa adicacións exclusivas, pois o traballo que adica o alcalde ou outras persoas hai que remuneralas, pero de xeito razoable. Tamén mostrou o acordo do BNG coa supresión dunha media adicación.
Delegacións e adicacións parciais
Por outra banda, o portavoz nacionalista tamén criticou a proposta de reparto das adicacións parciais. “Non pola cantidade que percibirán, senón polas áreas delegadas nas que recaen” e manifestou que a distribución “parece máis entre persoas para manter a paz dentro do partido que con criterios de prioridades de traballo no concello”. Indica o portavoz nacionalista que o normal, na actual situación de crise e de paro, sería priorizar as áreas de desenvolvemento local e de dinamización económica, tales como comercio local, industria, formación e emprego... pero sen embargo o alcalde optou por darlle as adicacións parciais a outras áreas, tamén importantes, pero que poden ser atendidas sen prestacións económicas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario