· Tras ser proposto nunha reunión dos representantes locais, hoxe foi elixido oficialmente nunha votación na xunta electoral de zona
Infogauda / O Condado
Arturo Grandal Vaqueiro, alcalde de Salvaterra de Miño, será o representante do PP polo Partido Xudicial de Ponteareas na Deputación Provincial de Pontevedra, despois de que os populares conseguisen, nas eleccións do pasado 22 de maio, o único representante que se elixe por esta área.
Grandal Vaqueiro recibiu hoxe o apoio dos concelleiros na votación celebrada na xunta electoral de zona, despois de que, nunha xuntanza previa, os representantes locais dos 9 concellos que integran o citado partido xudicial decidiran propoñelo como deputado provincial.
Ata o de agora, ao partido xudicial de Ponteareas correspondíanlle dous deputados, pero os cambios producidos nesta ocasión fixeron que perdese un, en favor de Tui. Nestes momentos, e mentres non se constitúa a nova corporación provincial, o representante do PP por Ponteareas era o propio alcalde desta localidade, Salvador González Solla, que agora dará o relevo a Grandal Vaqueiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario