24 de maio de 2011

PONTEVEDRA

MÁIS DE 4.000 MULLERES CLAUSURAN NA LANZADA OS CURSOS DO PROGRMA “PENSA EN TI”, DA DEPUTACIÓN




O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xunto coa vicepresidenta, Teresa Pedrosa, participaron esta tarde no acto de clausura do programa “Pensa en Ti” que tivo lugar no Centro Vacacional de A Lanzada.

No evento xuntáronse máis de 4.000 mulleres pertencentes a asociacións de toda a provincia co obxectivo de recoller os diplomas obtidos nos cursos de formación organizados ó abeiro do programa “Pensa en Ti” e amosar os coñecementos e habilidades adquiridos. O rematar os actos oficiais as desprazadas á Lanzada puideron disfrutar da actuación da Orquestra Panorama.

No ano 2011 “Pensa en Ti”, que se organiza dende fai 6 anos, tivo un índice de participación sen precendentes, ofrecendo cursos formativos gratuítos a máis de 8.000 mulleres de 319 asociacións. Estas, tiveron acceso a un catálogo de 133 cursos de formación organizados en 6 áreas temáticas (manualidades, arte e bricolaxe; cociña, agricultura e elaboracións artesanais; desenvolvemento persoal e saúde física e mental; cultura tradicional, música e baile; formación para a igualdade entre homes e mulleres; e desenvolvemento profesional).

Dentro destas áreas desenvolvéronse cursos de ganchillo, artesanía en madeira, talla de cristal, cestería, fotografía, escultura, tapicería, cata de viños, repostería, cultivo floral, elaboración de perfumes, pilates, masaxe terapéutico, prevención de lesións, bailes de salón, gaita, Internet, Photoshop, Facebook, idiomas, primeiros auxilios, etc.

Na súa intervención a vicepresidenta lembrou algunhas das actuacións que a Deputación desenvolve en pro das mulleres como, por exemplo, “os acordos co Fogar de Sta. Isabel de Vigo, a Fundación Las Samaritanas, a Asociación de Médicos do Mundo, AYUVI ou MADRO”. Pola súa banda, Rafael Louzán falou da existencia doutros programas sociais como “Coñece a túa provincia”, “Balnearios” ou “Ti tamén contas” que, matizou, “aínda que non están orientados directamente ó público feminino si que rexistran unha alta participación de mulleres”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario