O ACTO DE CLAUSURA DAS ESCOLAS DE PATINAXE DA DEPUTACIÓN REÚNE A MÁIS DE 1.000 CATIVOS DE 17 CONCELLOS DA PROVINCIA

O acto de clausura das Escolas de Patinaxe 2011 da Deputación de Pontevedra terá lugar esta tarde ás 19:00 horas no pavillón deportivo da Cidade Infantil Príncipe Felipe. A cerimonia, encabezada polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, congregará a máis de 1.000 nenos e nenas patinadores procedentes de 22 escolas esparexidas por 17 concellos da provincia.
Os cativos serán traslados en autobuses dende os seus concellos de orixe pola mañá. Ás 11:00 horas, xa en Príncipe Felipe, darán comezo as actividades e ensaios que rematarán para o xantar. O pavillón abrirase ós pais e público xeral ás 15:30 horas cando comecen as actuacións por escolas, cada unha das cales interpretará unha ou dúas pezas (polo medio intercalarase a actuación de diferentes grupos show e patinadores profesionais). Para rematar a cerimonia de clausura terá lugar ás 19:00 horas coa realización dun baile no que participaran ó tempo os 1.000 patinadores.
Escolas participantes por orde de actuación
Escola Tui, Escola Soutomaior, Escola Sánchez Cantón, Escola Colexio Mestres Goldar, Escola Ribadumia, Escola Campolameiro, Escola Tebra, Escola Cambados, Escola Forcarei, Escola Tui, Escola O Rosal, Escola Crecente, Escola Colexio Mestres Goldar, Escola Sánchez Cantón, Escola Colexio Serra de Vincios, Escola Lalín, Escola Tomiño, Escolas Poio e Belesar, Escola Forcarei, Escolas Tui, Escola Colexio Mestres Goldar, Escola Cambados, Escola Goián, Escola Barrantes, Escola Cerdedo, Escola Campolameiro, Escola Ribadumia, Escola Colexio Mestres Goldar, Escola Sanchez Cantón, Escola Soutomaior, Escola Moraña, e Escolas Tui.
Máis de 6.200 rapaces xogan nas 210 Escolas Deportivas da Deputación repartidas en 41 concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra conta con 210 Escolas Deportivas repartidas ó longo de 41 concellos da provincia. Nestas adestran e xogan máis de 6.200 rapaces en 8 modalidades deportivas diferentes (patinaxe, iudo, balonmán, atletismo, fútbol, fútbol sala, rugby, marcha e natación). A entidade provincial achega preto de 300.000 euros para o funcionamento destas entidades, que están organizadas por 13 coordinadores e 322 monitores.
En canto á distribución de cativos por escolas, cómpre sinalar que as Escolas Deportivas de Balonmán reúnen a 2.000 nenos en 117 escolas en 23 concellos; Fútbol, 2.000 nenos en 41 escolas, en 28 concellos; Iudo, 450 nenos en 10 escolas, en 9 concellos; Patinaxe, 1.000 nenos en 22 escolas, en 17 concellos; Fútbol sala, 200 nenos en 13 escolas, en 3 concellos; Rugby, 150 nenos en 2 escolas en 1 concello; Marcha, 130 nenos en 4 escolas, en 4 concellos; e Natación, 150 nenos en 1 escola, en 1 concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario