19 de maio de 2011

A GUARDA

EU TAMÉN QUERO UN CHOIO ASÍ


Nestes días lin un comentario sobre o que nos custan aos guardeses que sí traballamos, os cargos dos concelleiros con dedicación (Freitas, Español, Montse, Paulino), un total de 126.500 € ao ano, sen contar con dietas (que polo visto son boas porque case todos engordaron e bastante), teléfonos (instrumento básico para simular que se está facendo algo, aínda que iso sexa falar co gato do veciño), coches (que por certo cambiaron e non por uns de Citröen, se ata niso son traidores), e outros etc., que supomos son algo así como viaxes (de representación claro, nada de gustirrinín), comidas con autoridades (léase comiladas con amiguetes aos que máis tarde faremos ou nos farán favores), etc, etc.

Se as miñas matemáticas non me fallan, o Sr Alcalde cobraría algo así como uns 4.300 € ao mes, Miguel case 3.000 €, Montse e Paulino case 1.700 € (estes últimos on dedicacións parciais), en fin non vexo o motivo de criticalos, se é o mesmo que calquera pensión ou axuda do paro, ou emprego de camareiro no porto, ou non???

O que si é certo é que desde que accederon ao posto, subíronse os salarios un pouco bastante creo.

¡¡¡¡EU TAMÉN QUERO UN CHOIO ONDE, CANDO QUEIRA, COMO QUEIRA E COS MEUS AMIGUETES, POIDA DECIDIR CANTO SUBIRME O SOLDO!!!! Por se non me creeis cóntovos o que atopei:

Faro de Vigo 28/06/2007
El alcalde José Manuel Domínguez Freitas tendrá dedicación exclusiva y llevará la delegación de Urbanismo. Percibirá 14 pagas anuales de 2.600 euros netos.
El concejal Miguel Español, primer teniente de alcalde, será delegado de Vías e Obras, Persoal, Protección Civil, Obradoiro de Emprego, tendrá dedicación exclusiva y cobrará 14 pagas anuales de 1.800 euros netos.
Montserrat Magallanes, segunda teniente de alcalde y delegada de Facenda, Turismo, Comercio e Industria, tendrá dedicación mínima de 17 horas y media semanales y cobrará 14 pagas anuales de 1.100 euros netos.
Ademáis:
Los miembros de la corporación percibirán 90 euros por asistencia a pleno.
La xunta de goberno local se celebrará semanalmente, los viernes, a las 09.00 horas. Los concejales percibirán 70 euros por asistencia. Sus miembros, además del alcalde, son: Montserrat Magallanes, Miguel Español, Paulino Rodríguez, Antonio Lomba y Javier Crespo.
Se crearán además las comisiones de Asuntos Plenarios, Contas e Urbanismo. La composición, respetando la proporcionalidad de la corporación será: alcalde, 4 concejales del PSdeG-PSOE, 3 del PP, 1 de Terra Galega y 1 de BNG. La asignación por asistencia es de 70 euros.
Se asignará una cantidad fija mensual por grupo municipal de 150 euros y de 30 euros mensuales por cada concejal del grupo respectivo.

Cumpre aclarar que para esta época nosa estimada maioría absoluta aínda non decidira outorgarlle ao Sr. Paulino outra dedicación, debido á gran necesidade que en materia de tráfico tiña o noso pobo.
Por cantos € dos nosos petos imos xa ao mes para cada un destes concelleiros? Ademais de dietas e outras regalías claro. Todo isto mentras nos falan de crise, de brotes verdes, de paro, e que sei eu qué máis...

A vós subíronvos os salarios igual que a eles? Mellor non fago números porque cando a fin de mes vexa a miña nómina, voume a querer ir picar unha vaca vesga a Lugo.

A tí pásache o mesmo? Non che dan as contas como á min?, sobre todo pola gran dedicación que puxeron en facer as cousas....MAL PARA NÓS.


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

5 comentarios:

  1. Querido Papi Mosquito Conta pero as verdades completas non medias verdades.
    Os membros de la corporación percibirán 90 euros por asistencia a pleno.
    E verdade pero dicir que este se celebra cada dous meses como tal os con concelleiros cobran 90 € cada dous meses .
    La xunta de goberno local se celebrará semanalmente Los concejales percibirán 70 euros por asistencia. Sus miembros, además del alcalde, son: Montserrat Magallanes, Miguel Español, Paulino Rodríguez, Antonio Lomba y Javier Crespo..
    En esta dices a verdade enteira se celebra cada semana e te falta dicir que os compoñentes son do equipo de goberno e o contido que ten moitas das actas ou case todas ocupan dous folios ( por unha cara ).
    Se crearán además las comisiones de Asuntos Plenarios, Contas e Urbanismo.
    Outra verdade a medias pois comisión de asuntos plenarios celebrase antes do pleno como tal cada dous mes tamén .
    Contas outra verdade a medias esta nin sequera se celebra cada dous meses senón cada vez que a pleno vai algo relacionado con contas .
    Urbanismo :
    Esta nin chega a media verdade pois comisión de urbanismo estase a celebrar cando ai algunha obra cada dous ,tres ou catro meses.
    Decir que as asistencias as cobran os concelleiros cada 6 meses .
    Do resto tes un aprobado xa me estas gustando un pouco estas picando don de tes que picar .

    ResponderEliminar
  2. Quere aclarate Carliños :1- non son Pai, iso quédame lonxe.
    2- Non digo medias verdades, é mais non o digo eu, o din os do Psoe no Faro de Vigo, está copiado literalmente.
    3-Tí vas errad@ conmigo, muchach@ aínda que me alegro que te esté gustando máis, son fermoso.
    ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

    ResponderEliminar
  3. A verdade Mosquito Capón , que os meus amigos de I.V. teñen en Carlos un bo aliado que parece que os mosquitos no son de seu agrado.Queda día e pico pra que dirixas as tuas picaduras pra os alumnos de Z.P. que oxalá non gañen con maioría e que no podan pactar con o Beneja que andan con gañas de poder estar no poder.
    O dí o Toñito o de Quisqueya.

    ResponderEliminar
  4. Toñito uso un bo repelente contra os mosquitos , e sobre todo contra papi mosquito e pupila mosquita .
    En que a ora a papi mosquito saíulle un defensor o Manuel me cheira a familia mosquita ou arimados parece que molesto con as verdades a que si papi mosquito que digo verdades e non as digo todas .

    ResponderEliminar
  5. Querido papi mosquito non pensaras que o de carliños me ofende pois non, xa mo chamaba miña aboa cando era neno e deso xa choveu bastante .
    O de negar ser papi non dice nada ben de ti ,será por que solo levas o nome e non o exerces como cal quer papi , pero non faltara moito para que se as abo Mosquito( espero que se as un bo abo ) .
    Non poñas a desculpa de que o cópiaste cando se copia algo e non di a verdade faise unha aclaratoria para non informar a medias e sobre todo cando se sabe de primeira man . E papi mosquito
    O da @ non tendra dobre sentido , podes equivocarte e ben equivocado en vez de @ pon ´´ O ´´ que me pega mais, en todo caso usa a @ cando poñas ´´ @ m@squito´´ queda lucido pégate mais papi mosquito a
    que si. Non será por e so que estas pedindo praza na fonte da ribeira .
    O do fermoso valla por díos estamos bos estas para ser modelo de calzóns , lucirías perfecto solo imaxinalo ja ja ja .

    ResponderEliminar