10 de maio de 2011

A GUARDA

PROPOSTAS MUNICIPAIS DO BNG PARA O CONCELLO DE A GUARDA

Xan Lois Lomba Alonso, candidato do BNG á alcaldía de A Guarda


- Queremos abrir o concello a todos e a todos para que sexamos tratados con igualdade.

- Temos que fomentar o emprego na Guarda, para que os mozos e mozas non teñan que marchar, é prioritario que o Concello colabore coa Consellería de Vivenda para que o polígono sexa unha realidade en 2009.

- Imos manter un diálogo permanente cos sectores produtivos: Comercio e pesca. Dende o concello imos instar á Xunta a que mellore e repoña as infraestruturas para os pescadores do río Miño.

- O BNG sempre fixo unha defensa férea do noso patrimonio, xa vai sendo hora que o concello se preocupe polo monte Sta. Trega, por conservalo e por poñelo en valor.

- Todos sabedes que a Guarda é pequena en territorio e que temos que ordenalo moi ben, para iso temos que dotarnos dun PXOU novo. Un PXOU que sexa escrupulosamente legal, participativo e que respecte os noso valores naturas e patrimoniais xerando espazos para vivendas sociais e, dotacións escolares - como un novo instituto, culturais, etc...

- O Concello tamén ten que mellorar as comunicacións dentro do municipio, por iso temos que iniciar as obras de urbanización da estrada entre Camposancos e a Guarda pola Sangriña, con beirarrúas, luz e todo o necesario para que calquera persoa poida ir e vir andando sen pór en risco a súa vida.

- O Benestar social e o deporte base son temas prioritarios para un goberno co BNG porque axudan a conseguir o nivel de vida que a Guarda se merece.

- O BNG é unha alternativa que non se disfraza de nada, que non vende unha cousa aquí e outra alá, que é unha alternativa real, amábel e responsábel, e por iso solicito o voso apoio nas próximas eleccións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario