Louzán “reproba claramente” todo tipo de ameazas, pero lembra que “se alguén foi atacado, ese foi o PP” e non por iso “imos de vítimas”
El relación ás peticións do PSOE de que se posicione sobre as supostas ameazas recibidas pola candidata socialista en Covelo
· O presidente provincial salienta que a actitude do PSOE obedece á súa “necesidade de poñer a venda antes da ferida” e buscar “chivos expiatorios para xustificarse ante o pésimo resultado que vai a ter o 22 de maio”

O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, reprobou hoxe calquera tipo de ameaza ou actitude pouco acorde cos principios básicos da democracia e incidiu en que “reprobo claramente este tipo de actuacións, pero o PSOE o que anda buscando é chivos expiatorios ante os pésimos resultados que van ter nas próximas eleccións”.
O presidente provincial fixo estas declaracións nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na sede provincial e en resposta a preguntas dos xornalistas sobre ás declaracións do socialista Guillermo Meijón nas que pedía que o presidente provincial se posicionase en contra das ameazas recibidas pola candidata socialista de Covelo
Rafael Louzán lembrou que “se alguén foi atacado en múltiples ocasións foi o PP” e, tras amosar fotografías de pintadas realizadas na fachada do edificio no que reside un dos candidatos do PP na provincia, asegurou que “eu tamén teño que reprobar isto, pero non teño que denunciar a ninguén en concreto”.
Por iso, acusou aos socialistas de pretender xustificar os malos resultados que acadarán o 22 de maio con estratexias deplorables como a de suxerir que o PP ten algo que ver con este tipo de actuacións.
“Eles o que pretenden sempre é xustificarse, porque saben o pésimo resultado que van ter o 22 de maio e a partir de aí din, antes de que iso suceda, imos culpar ao PP”.
Tras subliñar que non coñece o caso das supostas ameazas á candidata socialista máis que pola prensa, criticou o modo de actuar dos socialistas, xa que esta “é unha das moitas estratexias do PSOE, que non ten moitos argumentos e que ten enriba a responsabilidade de que hoxe teñamos case 5 millóns de parados e máis a responsabilidade de malxestionar os recursos dos veciños de Pontevedra e de tantas outras localidades”.

Louzán concluíu asegurando que, desde logo, e pese ás múltiples ocasións nas que os seus candidatos e as súas sedes foron atacados, “nós non imos ir de vítimas, senón que imos traballar con moita ilusión”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario