21 de abr. de 2011

PONTEVEDRA

O PUNTO DE INFORMACIÓN Ó CIDADÁN DA DEPUTACIÓN ATENDEU 10.854 CONSULTAS DENDE A SÚA APERTURA HAI UN ANO



Rafael Louzán destaca que este servizo foi impulsado para que os cidadáns accedan a unha administración máis próxima e que dispoñan dunha atención personalizada e inmediata




O presidente da Deputación, Rafael Louzán, deu hoxe a coñecer que o punto de información ó cidadán da entidade provincial atendeu un total de 10.854 consultas dende a súa apertura hai un ano, concretamente en abril de 2010.
Esta iniciativa comezou a andar en abril de 2010 co obxectivo de “conseguir unha administración máis próxima e participativa, así como achegar a institución provincial ós cidadáns dun xeito personalizado e inmediato”, dixo Louzán, obxectivo que se está a cumprir tendo en conta que “o 100% das persoas que empregaron este servizo manifestaron a súa satisfacción”.
Segundo informou Louzán os soportes empregados para realizar as consultas foron de carácter presencial en 6.527 casos; telefónico en 4.228 casos; e a través do correo electrónico atendéronse 99 consultas.
O punto de información está situado na planta baixa do Pazo provincial (entrando á dereita). Este servizo encárgase de facilitar información de todo tipo relacionada coa institución (programas, actividades, axenda…); de recoller queixas e suxestións; compulsa de documentación, revisa solicitudes e documentación que teñen que entregar os cidadáns e xestiona o correo
info@depo.es.
Os servizos dos que os cidadáns demandan máis información son da Cidade Infantil Príncipe Felipe con 30.58 consultas (do que se demanda máis información con diferenza); Recursos Humanos con 1.728 consultas; e acción Social con 476 consultas. Ademais tamén se rexistraron consultas sobre os departamentos de Desenvolvemento Local, Cultura, Infraestruturas, Cooperación, Deportes, Museo, e do Oral.
Particularmente, os programas concretos dos que se demanda máis información son os campamentos de verán da Lanzada con 2.912 consultas (o máis demandada con moita diferenza); o Plan de Limpeza de Praias con 357 consultas; Balnearios con 314 consultas; entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario