A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO LEMBRA ÓS VITICULTORES QUE ESTEAN VIXIANTES ANTE O RISCO DE APARICIÓN DE MILDIU
O presidente provincial recomendou manter a calma “xa que polo momento só se atoparon pequenas manchas de aceite concentradas na zona do Salnés”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu conta hoxe do último aviso emitido pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro que anuncia a posibilidade de aparición de Mildiu nas vides por mor das condicións climatolóxicas que se están a dar.
En concreto atopouse unha mancha de aceite nunha finca de Tremoedo (dun total de 13 parcelas ás que a Estación Fitopatolóxica do Areeiro faille o seguimento). “A mancha non estaba esporulada”, explicou o presidente provincial, “o que indica que o Mildiu aínda non se estendeu”.
Louzán adiantou que as previsións meteorolóxicas alertan dunha posibilidade de precipitacións de ata o 60% durante a Semana Santa polo que “se debe estar vixiante por se fose necesario aplicar un tratamento funxicida penetrante ou sistémico”; aínda que remarcou que “polo momento podemos estar tranquilos, xa que as manchas son poucas e pequenas e non se detectaron fóra do Salnés”.
O presidente provincial felicitou ós técnicos de Areeiro polo seu traballo neste eido, cuxo obxectivo é reducir o uso de produtos fitosanitarios e, por conseguinte, minimizar as súas consecuencias negativas para o medio ambiente e a saúde. Louzán lembrou que, neste sentido, a Deputación ten en marcha o proxecto Viñas Atlánticas, en colaboración con adegas do Salnés, para acadar un correcto tratamento fitosanitario e instalou unha rede de estacións meteorolóxicas, con información dos microclimas locais, para previr riscos de ataques e pragas. Na actualidade funcionan na provincia 36 estacións meteorolóxicas: 4 no Salnés, 5 no Condado, 2 no Baixo Miño, 4 no Val Miñor, 9 no Salnés, 5 en Pontevedra, 5 en Deza, 1 no Umia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario