OS FESTIVAIS ZONAIS DE BANDAS DE MÚSICA DO DEZA, TUI E VALGA TERÁN LUGAR OS VINDEIROS 16, 9 E 10 DE ABRIL

Unha vez celebrado o sorteo para os festivais zonais da banda d música de Deza, Valga e Tui a orde de actuación será o seguinte:
Na zona do Deza celebrarase o Festival o vindeiro 16 de abril a partir das 17 horas no Lalín Arena. A Banda de Sección Terceira (ata 45 músicos), Nova Banda de Música de Vilatuxe, actuará en primeiro lugar. A continuación serán as de Sección Segunda (de 45 a 60 músicos), que actuarán primeiro a Banda Municipal de Agolada, en segundo lugar a Banda de Música Popular de Muimenta e, en terceira posición, a Unión Musical Pontedelesma.
En canto as bandas da Sección Terceira (máis de 60 músicos), sairán ao escenario en primeiro lugar a Banda de Música de Lalín e en segundo lugar a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.
Tui
Na zona de Tui o festival terá lugar o vindeiro 9 de abril ás 16,30 horas no Teatro Municipal. Na Sección Primeira actuarán por este orde a Agrupación Musical Artística de Arcade, a Banda de Música Cultural de Arcade, a Banda de Música Municipal de Redondela e a Banda de Música de Chapela.
Na Sección Segunda actuarán a Agrupación Musical de Goián e a Agrupación Musical de Belesar. Pola súa parte, na Sección Primeira sairán ao escenario primeiro a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e en segundo lugar a Agrupación Musical do Rosal.
Valga
O Festival Zonal de Bandas de Música en Valga terá lugar o vindeiro 10 de abril a partir das 18,00 horas no Auditorio Municipal de Valga. Na Sección Terceira actuarán a Banda de Música Nova Lira de Moraña en primeiro lugar e a continuación a Banda de Música Unión de Lantaño.
En canto á Sección Primeira será a Banda de Música Municipal de Valga a que actúa primeiro e pechará o acto a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario