15 de mar. de 2011

OURENSE

A DEPUTACIÓN DE OURENSE PROMOCIONARA OS RECURSOS ENDOXENOS CON SELO DE EXCELENCIA DA PROVINCIA



A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, presentou conxuntamente co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (xefe de fila do proxecto), o Concello do Barco de Valdeorras, o Concello de Sarria e a Câmara Municipal de Barcelos, un proxecto á segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2007-2013, resultando aprobado segundo a notificación recibida. O proxecto conta cun or zamento total de 1.383.503,69€, cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O proxecto pon en marcha unha estratexia de desenrolo común baseada nas áreas de productos tradicionais, mercados e artesanía, e antiguidades e restauración, coa creación de estructuras permanentes de cooperación, incentivando a presencia de empresas implicadas en promocionar de xeito conxunto os seus productos. A candidatura quedará resolta no segundo semestre do ano. No caso concreto do Barco, poráse en marcha un Centro Promocional de Productos Tradicionais da Eurorrexión, que terá como misión fundamental a promoción e difusión de todo tipo de productos tradicionais, cunha importante labor de márketing dos productos de excelencia.

A Deputación de Ourense participa neste proxecto mediante a realización dun futuro inventario de productos tradicionais con selo de excelencia na provincia. O remate do inventario, realizará unha publicación do mesmo, procedéndose á promoción dos productos recollidos no mesmo na feira gastronómica Xantar. A Deputación de Ourense participara tamén na distintas accións de promoción e publicidade do proxecto.

Como complemento do proxecto , tódolos socios traballarán tamén sobre o impulso á actividade empresarial. Para iso, definirán conxuntamente distintas canles de comercialización nas áreas de:

• Produtos tradicionais

• Artesanía

• Antigüidades

• Definición de liñas de distribución de produtos de excelencia

Obxectivo:

Acadar unha maior cohesión territorial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, facilitando e impulsando o desenvolvemento do sistema urbano do interior de Galicia e do norte de Portugal a través da creación de polos de competitividade baseados nos recursos endóxenos desta area.

Accións:

Deseñarase e porase en marcha unha estratexia de desenvolvemento do interior da Eurorrexión, baseada nas areas de productos tradicionais, mercados e artesanía e antigüidades. Para a xestión de cada area crearase un Centro Coordinador.

Resultados:

Conquerir unha maior vertebración territorial, establecer estructuras permanentes de cooperación, implicar ás empresas para promocionar conxuntamente os seus productos, creando canles de comercialización adecuados e incrementando a súa competitividade.

2 comentarios:

  1. Ola! Isto foi publicado nalgún boletín oficial?

    ResponderEliminar
  2. Esa información foinos facilitada pola própia Deputación de Ourense.
    Cordiais saúdos.

    INFOGAUDA

    ResponderEliminar