5 de mar. de 2011

NIDIA MARÍA ARÉVALO SERÁ A CANDIDATA DO PARTIDO POPULAR EN MOS


Infogauda / Mos
Nidia Mª Arévalo Gómez será a candidata do PP en Mos. A actual alcaldesa fora proposta polo Comité Local e na tarde de onte venres foi ratificada polo Comité Provincial, nunha xuntanza celebrada en Pontevedra.
Con esta decisión, o PP de Pontevedra ten xa nomeados a 59 dos 62 candidatos da provincia, e nos próximos días pecharase ao 100% a lista de alcaldables.
Dos 59 nomeados ata o de agora, 16 asumen por primeira vez a responsabilidade de encabezar unha lista do PP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario