27 de feb. de 2011

REMO

ESCOMENZOU A TEMPADA DE BATEIS

Club de Remo Robaleira / A Guarda

Despois dos longos meses de inverno de adestramento no ximnasio do Club, dende Setembro ata agora, comezaron xa os adestramentos na auga e con eles o comezo da tempada de bateis e traineriñas nas que o Club de Remo Robaleira participará ao longo dela con varias tripulacións. A tempada de bateis comezou xa esta fin de semán, en Tirán cunha contrarreloxo na que o noso clube acadou un 4º posto na categoría de Promesas FemIninas, un 1º posto das Xuvenis FemIninas, un 2º posto dos Infantís Masculinos e por último unha 8ª posición acadada polos máis maiores, os da categoría Senior Masculina; uns bos resultados posto que esta regata só é un quecemento de cara a tempada que comeza agora e que se prolongará ata o 5 de Maio cando remate a tempada de Traineriñas.

Para ampliar resultados, premer eiquí.

Este é o Calendario deste ano 2011, no que non vos esquezades de que o día 19 de Marzo celebrase na Guarda a XIII Bandeira Memorial Antonino Torrón, na que os nosos remeiros esperan o apoio da gran afección guardesa e acadar os mellores resultados posibles.




Ademáis, agora volveremos a tervos informados semán a semán das novas do noso clube en http://www.robaleira.com/, onde ademáis de darlle un novo retoque a páxina, e seguir ampliando o "Album de Fotos" como ata agora, onde xa podedes atopar as fotos desta primeira regata da tempada 2011.