OS TEIXUGOS PARTICIPAN NO XVII SLALOM INTERNACIONAL DE FRIDÂO
Informa (fotografías e texto): Rosa Fernández / Fridâo
Na localidade portuguesa de Fridâo, en Amarante, celebrouse este domingo o XVII Slalom Internacional de Fridâo, que contou coa participación de clubs portugueses, galegos, vascos e unha representación de piragüistas da República Checa. Os Teixugos acudiron ao evento, pero con pouca fortuna desta vez, xa que ningún deu entrado na final celebrada pola tarde. O mellor clasificado foi Antón Ucha que na categoría C1 acadou o posto 14. En xeral os primeiros postos quedaron para vascos, checos e portugueses, aínda que algúns galegos doutros clubs entraron nas finais.
A próxima cita dos Teixugos de categorías superiores será a vindeira fin de semana en Pau, Francia, onde participaran na Copa de España.