O BNG insta ao Goberno español a deixar a propaganda e a presentar un proxecto para o ferry guardés

En marzo de 2010 o Sr. Alcalde, X.M. Freitas, votou en contra da moción na que o BNG solicitaba o compromiso do Goberno español coa mellora do servizo do Ferry.
Case un ano despois é o propio Goberno español quen pide que se redacte unha moción nos mesmos termos. O resultado: once meses de propaganda.
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego insta ao Goberno español a que poña enriba da mesa un proxecto para o mantemento do ferry entre A Guarda e Caminha en lugar de adicarse a meras campañas de propaganda nos medios de comunicación.
O BNG considera fundamental que o proxecto de viabilidade do ferry teña un carácter integral, debe facer compatíbel a actividade pesqueira, a posta en valor das riquezas ecolóxicas co mantemento desta vía de comunicación.
O 26 de marzo do 2010, o BNG presentou unha moción sobre o ferry A Guarda – Caminha solicitando o compromiso público do Goberno español coa continuidade e mellora do servizo. Durante discusión da moción o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, pedía un pronunciamento da Corporación municipal sobre o ferry, acudindo a quen fose necesario, para manter a continuidade deste servizo.
O Sr. Alcalde, X.M. Freitas, votou en contra da moción argumentando que o compromiso do Goberno central do PSOE era un feito, algo que o BNG sempre puxo en dúbida.
Case un ano despois, o presidente da Comisión de Límites, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, Álvaro Alabart, solicita que o Concello da Guarda redacte unha moción demandando a implicación de distintas administracións.
Para o BNG é inaceptábel que dende o Ministerio de Asuntos Exteriores se pida agora a redacción dunha moción por parte do concello da Guarda demandando a implicación das diferentes administracións na solución do problema.
“Estas declaracións son unha tomadura de pelo ao pobo da Guarda, tomadura de pelo na que participa o Sr. Alcalde, Freitas, e o goberno do PSOE. Tiveron a oportunidade de apoiar a moción presentada polo BNG hai case un ano e non a apoiaron por intereses partidistas”, comentou Xan Lois.
O BNG considera que estes 11 meses foron unha perda de tempo con propaganda por parte do Goberno central e do Alcalde, facendo caso omiso ás iniciativas presentadas polo BNG para conseguir co ferry entre A Guarda e Caminha siga a ser unha realidade.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Un lector dixo:
Que dixéstedes cado estabáis no goberno guardés e na Xunta.
DEMAGOXIA...., e tomar viños de albariño en Tomiño.
UN XIADEIRO dixo:
COMO SE NOTA QUE VEÑEN ELECCIONS.
HAI MÁS COUSAS FEAS DESDE BASTANTE TEMPO QUE ESTAMOS ESPERANDO QUE TAMÉN AS DENUNCIARÁIS PERO ESTUVÉSTEIS CALADIÑOS. MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA E ESPERAMOS A VER SI TÉNDEIS VALOR DE DECILAS PRONTO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario