O BNG solicita as contas claras no gasto dos calendarios de Nadal O Alcalde, X. M. Freitas, recoñeceu que se fixeran dúas tiradas de calendarios e que a primeira custara 3.500 €, non aportando máis datos.
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego volveu solicitar información sobre a edición dunha serie de calendarios por parte do Concello da Guarda e que foron repartidos durante o pasado mes de decembro.
O pasado 21 de decembro, o BNG solicitou información sobre o custo da edición e reparto dos calendarios do ano 2011. Ante a falta de resposta por parte do Alcalde, X. M. Freitas, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, volveu reiterar as preguntas sobre o custo dos calendarios no pleno do 28 de xaneiro. En resposta, o Alcalde recoñeceu que se fixeran dúas tiradas de calendarios e que a primeira custara 3.500 €, non aportando máis datos sobre a segunda tirada nin sobre o reparto das mesmas.
O BNG, ante a información incompleta aportada polo Alcalde, presentou un novo escrito no que solicita que se lle indique o custo total das dúas tiradas de calendarios, o número de exemplares que se fixeron, o custo do reparto e a empresas ou empresas que o realizaron.
“Sorprenden as cifras dadas polo Alcalde, X.M. Freitas, na realización destes calendarios; mentres sobe os prezos da piscina municipal e presumen de aforro e austeridade. Non parece que esta actuación sexa un bo exemplo de aforro para os tempos que corren”, comentou Xan Lois.
O BNG considera que o grupo de goberno PSOE debe evitar a utilización electoralista dos cartos públicos, en clara referencia ao contido fotográfico dos calendarios, nunha época na que o pobo espera da clase política iniciativas que axuden á sacalo da situación tan crítica na que está sumido.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
UN CONTRIBUÍNTE GUARDÉS dixo:
CONSIDERO MOI SAUDABLE QUE DE CANDO EN VEZ, TEÑAMOS ALGUNHAS EVIDENCIAS DE QUE NA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE A GUARDA, HAI MÁIS DE UN GRUPO POLÍTICO CON REPRESENTACIÓN NO CONCELLO PLENO. O LONGO DE BASTANTE TEMPO - DEMASIADO!!! - COIDEI QUE SOIO EXISTÍA UN GRUPO PLENIPOTENCIARIO, QUE FAI E DESFAI TODO O QUE SE LLES ANTOXA A SEUS COMPOÑENTES, "ASESORES" E AFÍNS, E OS DEMÁIS CORPORATIVOS VIÑAN SENDO POUCO MENOS QUE INEXISTENTES. XA VAI SENDO DE DESPERTAR DO SOÑO NO QUE SEMELLAN ATOPARSE OS GRUPOS MUNICIPAIS DA OPOSICIÓN, QUE NON ATINAN A DESENVOLVER CON ENERXÍA SÚA LABOR, PARA A CAL, QUE NON O ESQUEZAN, FORON ELEXIDOS POLO ELECTORADO DE A GUARDA. É ASÍ COMO QUEREN PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS DO 22 DE MAIO DESTE ANO?

CÁNDO SE LLES VAI ESIXIR QUE O GRUPO DE GOBERNO MAILA ASOCIACIÓN PEDRA FURADA RENDA ÁS CONTAS DE TÓDOLOS EXERCICIOS PRECEDENTES?
NAMENTRAS Á SOMBRA DAS INHABILITACIÓNS PLANEAN POR RIBA DAS CALUGAS DALGÚNS, VIMOS DE OLLAR A GHETA QUE TEÑEN DE VOLTAR A PRESENTARSE COMO SE TAL COUSA.
PORQUÉ O FAN? PORQUE SABEN O QUE HAI.
UN CONTRUBÍNTE GUARDÉS
UN XIADEIRO dixo:
SEMPRE E BÓ QUE SE COÑEZCA A LABOR DA OPOSICIÓN, AGORA BEN DUBIDO QUE CANDO RECIBÍSTEIS O CALENDARIO DO MES DE DECEMBRO POIS NON O DENUNCIÁSTEIS NESE MOMENTO, SABENDO QUE É UN FOLLETO DE CAMPAÑA QUE PAGARÁN CO DIÑEIRO DE TODOS OS VECIÑOS. SEGUIR ASÍ XA QUE ESTÁIS EN PRE-CAMPAÑA, LOGO DESPÓIS DE MAIO IGUAL QUEDÁNDEIS MUDOS POR O SUSTO DO RESULTADO DAS VOTACIONS OU PORQUE OS CONVÉN.

O Escaravello dixo:
Defensores do capital: Onde se imprimiu o calendario, onde se imprime o BIG,...etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario