18 de feb. de 2011

TUI

DOMINGO, DÍA 20 DE FEBREIRO, II EDICIÓN DAS "MUIÑADAS NO RÍO TRIPES"

Alberto Romero Rodríguez (Romer) / Tui
A Asociación Cultural Muiñeiros do río Tripes orgaiza unha muiñada que se celebrará o domingo día 20 de febreiro nos muíños do río Tripes. Serán cinco os muíños que moerán millo todo o día. A choiva non vai ser un impedimento para levar a fin a muiñada.
Os muiños estarán funcionado desde ás 10:00 h. ata ás 18:00 h., para todo aquel que queira retroceder no tempo, e comprobar coma os nosos devanceiros transformaban en fariña o millo que eles mesmos colleitaban.

Ningún comentario:

Publicar un comentario