25 de feb. de 2011

A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 355.000 EUROS NOS CINCO CONCELLOS DA COMARCA DO BAIXO MIÑO PARA MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS E OS SERVIZOS
O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos


A Deputación de Pontevedra investirá máis de 355.500 euros na comarca do Baixo Miño en sete actuacións nos cinco concellos da comarca. As obras están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) e están encamiñadas a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da comarca. Os habitantes de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui beneficiaranse desta iniciativa co que a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros en toda a provincia.

O concello de Tui recibirá un investimento de máis de 81.600 euros en dúas obras que servirán para mellorar os accesos aos núcleos de San Simón (en Ribadelouro) que se une co núcleo de Eiravella (tamén en Ribadelouro). Esta actuación ten un investimento previsto de 33.000 euros. A segunda intervención en Tui é a que une os núcleos da Gándara (Guillarei) co de Sobredo (tamén en Guillarei), e aos que se destinarán 48.674 euros.

En Tomiño a Deputación acometerá as obras de saneamento ao barrio de Paredes na parroquia de Estás por un importe de 84.829 euros.
No concello de Oia acometerase Nunha obra de saneamento no barrio das Laxes, Portosenín en Viladesuso.

En O Rosal a Deputación provincial acometerá a obra de saneamento da rúa da Cal, na parroquia de San Xoán de Tabagón onde investirá 54.625 euros.

Por último, no concello da Guarda pavimentarase a rúa da Candeira por un importe total de 55.586 euros.

Plan Provincial de Cooperación

Con cargo ao Plan Provincial de Cooperación a Deputaicón investirá máis de 5,55 millóns de euros. Os cartos destínanse a mellorar servizos e infraestruturas nos concellos e estradas e camiños de competencia provincial. O Plan ten un triplo financiamento xa que achegan fondos a Deputación (30%), o Estado (40%) e os Concellos (30%).
O PPC ten como obxectivo reducir os déficits de servizos existentes nos concellos, mellorar o estado de conservación da rede viaria provincial e xerar postos de emprego en empresas locais, algo moi importante nun momento de crise económica como o que vive o país.
Son obxectivos directos deste plan desenvolver actuacións en materia de alumeado público, mellora de pavimentos, abastecementos, prevención e extinción de incendios, saneamentos, accesos ou ensanches de rúas.
A distribución por concello das subvencións cifrouse en base a un módulo fixo, igual para todos os concellos, e outro módulo proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes e a extensión territorial de cada termo municipal de modo que se teñan en conta variables como a dispersión poboacional ou o hábitat para que os veciños do rural poidan contar con iguais servizos que nas cidades e vilas.

CONCELLOS:
A GUARDA - PAVIMENTACIÓN DA RÚA CANDEIRA: 55.586,96
OIA - SANEAMENTO EN LAXES - PORTOSENÍN – VILADESUSO: 58.814,70
O ROSAL - SANEAMENTO BARRIO RÚA DA CAL PARROQUIA DE SAN JUAN DE TABAGÓN: 54.625,17
TOMIÑO - SANEAMENTO BARRIO PAREDES DA PARROQUIA ESTÁS: 84.829,70
TUI - ACCESO O NÚCLEO DE SAN SIMÓN (RIBADELOURO) QUE ÚNESE CO NÚCLEO EIRAVELLA (RIBADELOURO): 33.000,00
TUI - ACCESO O NÚCLEO DE GÁNDARA(GUILLAREI) QUE ÚNESE CO NÚCLEO DE SOBREDO (GUILLAREI): 48.674,53

1 comentario: