A DEPUTACIÓN COMEZARÁ MAÑÁ A URBANIZACIÓN DA RÚA MARIANO ORDÓÑEZ, NA GUARDA, CUN INVESTIMENTO DE 230.000 EUROS

A Deputación Provincial de Pontevedra comezará mañá, xoves día 27, as obras de urbanización da rúa Mariano Ordóñez, no concello de A Guarda. Esta actuación se enmarca dentro do Plan de Investimentos da Deputación (PID), polo cal a entidade provincial investirá preto de 860.000 euros no citado municipio. A empresa encargada de realizar os traballos é Excavaciones y Consturcciones Manuel Pérez Portela S.L., o prazo de finalización aproximado é de 30 días e o presuposto de licitación ascende ós 229.737,21 euros.
Concretamente, a obra consiste na realización dos viais e a instalación das infraestruturas necesarias para dotar á citada rúa dun grado de urbanización apto para dar servizo ós veciños da zona segundo as necesidades actuais. Se tratará de simultanear os traballos co uso cotiá da rúa, sendo o resultado final unha vía con prioridade peonil.
En canto ós detalles técnicos do proxecto, cómpre sinalar que as beirarrúas, actualmente de 1,50 metros, pasarán a ter 1,80 metros, quedando a calzada cun ancho total de 3,50 metros. Deste xeito a vía terá unha anchura media de 7,1 metros. O acabado das beirarrúas será en solado de granito a base de losas, mentres que a calzada levará adoquín de granito.
A maiores, a urbanización da rúa Mariano Ordóñez contempla varias obras de infraestrutura, como son: a pre-instalación da rede de baixa tensión e telecomunicacións, a instalación da rede de alumeado público, distribución de auga potable, e a de saneamento separativo.
No caso concreto de A Guarda, a Deputación segue executando a un moi bo ritmo as obras do PID que prevé a execución de 4 proxectos neste municipio no período 2009-2011 cun investimento total de 859.732,70,33 euros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario