23 de dec. de 2010

A GUARDA

AVELAÍÑA AGRADECE A BUENAVENTURA LOMBA NÚÑEZ, EDIL DO GRUPO MUNICIPAL TEGA O SEU XESTO DE COLABOURAR EN FAVOR DESTA ASOCIACIÓN DE AXUDA ÁS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL




Buenaventura Lomba Núñez, concelleiro do Grupo Municipal Iniciativa Veciñal / Terra Galega, no Concello de A Guarda

Natalia Guisande Diego / A Guarda

A Asociación Avelaíña, entidade sen ánimo de lucro, dedicada a potenciar a inclusión dos enfermos con problemas mentais no seu entorno, promovendo a mellora da súa calidade de vida e a dos seus familiares, naceu na Guarda no ano 1997, onde dispón dun Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, un piso protexido e diferentes programas que prestan atención a usuarios e ás súas familias.

A Asociación Avelaíña asinou co SERGAS un concerto para 30 prazas na Guarda, e 25 no Val Miñor, no seu centro ubicado en Gondomar. Sen esta axuda, non se podería facer fronte ó salario dos profesionais dedicados a tan delicadas tarefas. O orzamento anual da Asociación compleméntase con axudas dos mais de 500 socios, de entidades altruístas e outras subvencións ás que Avelaíña sempre está atenta.

A subvención pública, así a todo indispensable, cubre gran parte do orzamento. O resto procúrano obter as respectivas Fundacións e Institucións con algún fin benéfico e da xenerosidade de moitos cidadáns. Os usuarios contribúen comedidamente conforme as súas posibilidades. Por falla de aportación persoal non se deixa de atender a ninguén.

Avelaíña agradece encarecidamente o xesto do concelleiro de Tega, Buenaventura Lomba Núñez que decidiu doar a favor de Avelaíña na Guarda as comisións que lle corresponde pola súa asistencia a Plenos, Comisións e Urbanismo.

A nosa Asociación desexa que os nosos veciños nos coñezan de preto e encantaríanos incrementar os nosos amigos e socios (un socio, 1 euro ó mes, 12 euros ó ano), agradecemos xestos como os do Concelleiro Ventura Lomba, porque ademais da axuda que representa, dános ánimo, moito ánimo, un factor moi importante nestes quefaceres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario