4 de dec. de 2010

A GUARDA

CAMPAÑA SOLIDARIA CO SAN XEROME NO NADAL 2010



Un ano máis comezamos o mes de Nadal plantando cara a un reto que está a piques de cumplir os 30 anos de existencia, co lema: “Aunar o esforzo de tod@s en torno a un proxecto solidario no noso contorno”. Proxecto que ten como fin o apoio a 120 persoas con discapacidade intelectual (P.D.I.) do Baixo Miño e as súas familias.
Avanzamos cara a integración Escolar, Social, Laboral e Familiar de estas persoas a través de:

7 Unidades de Educación especial (26 alumnos), concertadas coa Consellería de Educación.
1 Centro de dia (CEDI), con 36 usuarios
1 Centro prelaboral con 35 usuarios
Prácticas en empresas ordinarias da zona en sectores diversos.
Ampliación e consolidación da empresa de xardinería que da traballo a 16 persoas con discapacidade intelectual (P.D.I.)
Traballo na empresa ordinaria (3 persoas): Eroski e Alessa.
Servizo de Ocio, Club deportivo, Vida autónoma (Piso tutelado)

Completamos así un servizo que intenta dar resposta as necesidades da Comarca do Baixo Miño no terreo da discapacidade intelectual.

Este proxecto foi medrando e adaptandose as novas necesidades durante estes 30 anos, grazas o apoio e colaboración de moit@s cidadáns, empresas e institucións de esta comarca que dende os inicios aportaron o seu grao de area na construcción de esta realidade, a que lle quedan importantes obxectivos por acadar.


Asociación San Xerome Emiliani,


UN PROXECTO DE TOD@S Grazas e Bó Nadal

Ningún comentario:

Publicar un comentario