12 de nov. de 2010

A GUARDA

ALGÚNS FIXERON DA ALAMEDA UN ESPAZO DE BARRIL E TINTORRO

Infogauda / A Guarda
A incoherencia non é, como algúns pensan, unha característica dos seus adversarios políticos, é decir, dos outros, senón que é algo que namentras non exista unha vacina para combate-la – e probablemente non haxa un mínimo de interese científico en investigar nese campo, sobor de todo cando hai outras prioridades -, pode resultar que a incoherencia é consustancial co próprio ser humán. Aínda que algúns pretendan erixirse diante da sociedade como os adalides das virtudes, e os defectos sexan do próximo. Poida que incruso tenten atribuirlles os demais, os defectos que eles mesmos levan no seu ADN político. Facemos ese preámbulo como paso previo a unha afirmación que imos efectuar co único propósito de salientar que os que se consideran á representación do progresismo local, resultan ser os que máis deberan recoñecer públicamente seus própios erros. Erro é, o noso entender, facer da Alameda – ainda que sexa un dia o ano - un espazo de barril e tintorro. Vexamos porqué facemos esa afirmación:

Na chamada Alameda do século XXI – denominación rimbombante e o mesmo tempo, totalmente desafortunada, por moitas razóns, entre elas, polo esaxerado custe económico que conlevou a súa cuestionada “remodelación” – hai uns carteis que veñen a decirnos que a Alameda é un espazo sen botellón.
Desde fai varios anos, algúns membros dunha agrupación política converten a Alameda de A Guarda n´un espazo onde públicamente se expende viño tinto.

Estamos ou non estamos diante dunha incoherencia manifesta?

É ese o exemplo que a devandita agrupación política e o grupo chamado de goberno do concello de A Guarda, queren ofrecer a cidadanía?

Contan co correspondente permiso da autoridade competente para efectuar ese evento no que algúns dos asistentes puderon servirse viño tinto, previo pago do importe indicado en lugar visibel?

É coherente, consumir viño en un lugar público - onde ademáis de persoas adultas, houbo tamén menores de edade -, cando iso pode considerarse un estímulo a seu consumo, banalizándoo e o mesmo tempo contribuir a disminuir á percepción do risco asociado?

Cómo poderían calificarse os que fixeron da Alameda un espazo de barril e tintorro?
Deixamos que cada quén opine o que estime oportuno. Ainda que visto o visto, e por si alguén ainda non se decatara, os incoherentes xa sabemos quens son.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
O Picota di:
A nota é moi oportuna, e cualificámola de abuso de pernada. Preguntamos: se algunha asociación, club deportivo, comunidade de veciños,...etc., queren organizar actos similares os progresistas neoliberais, darían autorización?
A montaxe da carpa ¿Quen a paga..?, algúns sáenlle cartos ata debaixo da pedra furada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario