25 de out. de 2010

OURENSE

"BOSQUE 3.050", EXPOSICIÓN DE XURXO ORO CLARO COA COLABORACUIÓN DA DEPUTACIÓN

O pasado día 22 de Outubro inaugurouse a exposición Bosque 3.050 do artista ourensán Xurxo Oro Claro, coa colaboración da Deputación de Ourense. A mostra trátase dun proxecto realizado especificamente para o espazo da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval, encóntrase comisariada por Monse Cea, e poderá ser visitada dende o vindeiro 22 de oututro do presente ano, ata o 9 de xaneiro de 2011.
A exposición ten en marcha un proxecto de itinerancias que arrancará no Mosteiro de Oseira (Ourense) tras a súa exhibición en Santo Domingo de Bonaval. A exhibición en Compostela realízase grazas á colaboración entre as seguintes institucións: o Arzobispado de Santiago de Compostela, o Xacobeo 2010, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e Concellalía de Cultura de Ourense.A modo de site-specific Xurxo Oro Claro, presenta a mostra Bosque 3.050, proposta baseada nunha peza co mesmo nome, formada por un conxunto de 35 árbores de aceiro inoxidable, sobre un basamento de coios.
Bosque 3.050, é realizado orixinalmente para ser exposto, a modo de sartego colectivo, no espazo camiño da igrexa medieval de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Cada unha das pezas que conforman este montaxe escultórico están feitas sobre a base -a chamada alma en escultura- dunha árbore real, enriba da que se xenera unha escultura metálica. En palabras da comisaria, por bosque, entendemos un conxunto de individuos interdependentes que conforman un único organismo vivo; mais o bosque que nos presenta Oro é un bosque morto que foi embalsamado coa promesa dunha nova vida futura: unha metáfora perfecta da angustia que lle produce ó artista a depredación que facemos do noso medio natural, medio co que conformamos un todo. Xurxo, con esta peza, quere achegar os seus valores éticos e estéticos a un espazo de grande forza espiritual e formal. A montaxe non só respectará as especiais características deste espazo de culto, senón que participará de pleno da espiritualidade que deste dimana.
Xurxo Oro, desta volta, pecha un bosque imaxinario, formado por varias especies do biótopo galego, nas súas habituais caixas herméticas. Trinta e cinco árbores, entre bidueiros, salgueiros, carballos..., son fechados en aceiro, momificadas, e inmoladas como exvotos para pedir unha segunda vida transitoria, co alento da arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario