O CABALEIRO DE PARÍS NA HABANA
Camiñando pola rúa Oficios, que na sua orixe foi unha vía de enlace entre a zona militar da Praza de Armas e a zona comercial e portuaria situada no contorno da Praza de San Francisco, atopamos este cruceiro, doado pola Xunta de Galicia.

Esta praza, fronteiriza co porto, ten unha imaxe de pasado, cando os galeóns cargados de ouro e outras riquezas embarcaban cara España.
Dous edificios recordan a orixe comercial da zona: La Aduana General de la República, de 1914.

La Lonja del Comercio, antiguo edificio de la Bolsa, de 1908..jpg)
No medio da praza atopase “La fuente de los leones”, inspirada na famosa fonte da Alhambra de Granada. Esta fonte foi donada polo conde de Villanueva no 1836. Durante moitos anos suministrou auga potable ós barcos ancorados no porto da Habana.
Sen embargo, o edificio mais importante da praza é a Basílica Menor de San Francisco de Asís, construida entre 1580 e 1591 para acoller a frailes franciscanos.
¿Saberán estas nenas, que saen da escola, qué historia ten esta fonte?
.jpg)
Pois é ahí, os pes da basílica, na beirarrúa, onde se atopa o bronce que ven a gardar a memoria do “Caballero de París”.
.gif)
José López LLedín foi coñecido na Habana, ao longo de máis de corenta anos, como El Caballero de París.
Naceu nunha aldea do municipio galego de Fonsagrada en 1.899
Foi un neno soñador.
Lía moito. Escribía versos. Emigrou a Cuba en 1.920. Era tímido e moi sensible.
Seguiu estudos de Comercio e de Inglés. Un día comezou a trastornarse. Abandonou o seu traballo no hotel Sevilla. Deixou crecer o pelo e a barba, vestiuse cunha capa de mosqueteiro.Dixo que era o Cabaleiro de París.
Vagabundeou pola cidade.
Durmía nos portais.
Sufría delirio de grandeza. Era o tolo oficial da cidade. Conversador, afable, querido por todos.
Escribía nas estatuas
Sobre él publicáronse centos de articulos na prensa habaneira. E decenas de entrevistas, a maioría apócrifas. Converteuse en personaxe literario, que aparece nunha novela de Rolando López del Amo, nunha peza teatral de José Triana (Medea en el espejo), nun poemario de Mirta Yáñez titulado Memoria del Caballero de París, e noutras obras.
En 1.981 fixeronlle unha homenaxe pública, no antigo Pazo dos Capitáns Xerais.
Falou o historiador Eusebio Leal e a popular Orquesta Aragón interpretou o danzón El Caballero de París. O homenajeado nin se decatou: pouco tempo antes, ancián e depauperado, trasladárano ao Hospital Psiquiátrico.No hospital asignáronlle un confortable cuarto, decorado con símbolos nobiliarios, confeccionáronlle unha nova capa, atenderon a súa saúde e déronlle unha axeitada alimentación.
Sobre a paranoia que padecía, o psiquiatra que o atendeu, o doctor Luis Calzadilla, presentou un relatorio nun congreso internacional.
Faleceu 0 12 de xullo de 1.985. Tiña 86 anos. Os medios de comunicación deron a noticia.
Os habaneiros lamentaron a morte daquel tolo ilustre, emigrante galego e símbolo popular da cidade.
En 2006, o rigoroso traballo do doctor Calzadilla foi analizado nun encontro de psiquiatras que se celebra anualmente en Trasalba. (Casa-museo de Otero Pedrayo)
O 30 de decembro de 1989, data en que o Cabaleiro de París cumpliría 90 anos, os seus restos foron trasladados dende o lugar de Calabazar onde fora enterrado a unha nova sepultura no cemiterio de Santiago de Compostela de las Vegas. O musicólogo Helio Orovio organizou a ceremonia. Había moita xente en torno a lápida en que se gravara o seu nome e o epitafio pertinente. Soaron guitarras e laúdes, cantáronse boleros, e uns poetas repentistas improvisaron décimas guajiras. Leuse unha descrición bibliográfica de José López Lledín e varios poemas dedicados ao Cabaleiro que máis alá da súa loucura amou o pobo do país que o acolleu.
Anos despois, por iniciativa de Eusebio Leal, historiador da cidade, os restos do popular personaxe foron trasladados ao convento de San Francisco.
O prestigioso debuxante cubano Francisco Blanco publicou un libro titulado “La leyenda que camina”. Nel aparecen 24 caricaturas do Caballero doutros tantos artistas da illa, ademáis do correspondente texto.
Blanco veu a Galicia no verán de 2008. Estivo na aldea de Vilaseca, onde naceu López Lledín, e inaugurou unha exposición de homenaxe na Fonsagrada.
(Información baseada na obra de Xosé Neira Vilas)

Ningún comentario:
Publicar un comentario