15 de set. de 2010

OURENSE

INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS PAZO DOS DEPORTES "PACO PAZ" 2010-2011




Infogauda / Ourense


Ata o luns 27 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas do Pazo dos Deportes, coas novidades dunha escola de karate-koshiki, kick-boxing adultos e outra escola multideportiva.
FUTBOL-SALA: Contará con dous niveis. O nivel 1 para nenos e nenas a partir de 5 anos , luns e mércores . O nivel dous a partir de 7 anos , martes e xoves .

TENIS E MINI TENIS: Celebrarase tódolos sábados pola mañá nas pistas o aire libre das instalacións deportivas do Parque tecnolóxico, en horario de 10:00 a 13:00 horas, en grupos dunha hora.. O mini-tenis para nenos entre 5 e 7 anos, e iniciación ó tenis a partir de 8 anos.

BAILES DEPORTIVOS (Aeróbic-Step-Jazz-Hiphop-Salsa): Existirán catro niveis. De 5 a 7 anos o nivel un, os luns e mércores . O nivel dous de 8 a 11 anos ós luns e mércores. O nivel tres de 11 a 15 anos os venres e o nivel catro para nenos e nenas entre 15 e 18 anos tamén os venres.

SICOMOTRICIDADE: Martes e xoves, para nenos entre 3 e 5 anos, nunha escola na que os nenos mellorarán , a través do xogo, a coordinación, orientación, flexibilidade...

BÁSQUET: A novidade deste ano será que a escola será bilingüe en galego-inglés e terá lugar os luns e mércores a partir de 7 anos de idade.

ADESTRAMENTO PERSONALIZADO BASQUET: Unha escola de tecnificación do baloncesto para xoves entre 12 e 17 anos , para a mellora de cualidades técnicas como tiro, bote, pase, …cun profesorado altamente cualificado.

INICIACIÓN Á ACTIVIDADE FÍSICA E DANZA ACROBÁTICA : Antes de incorporarse a unha escola específica, os nenos aprenderán , nesta escola, a familiarizarse co traballo en equipo, a coordinación, flexibilidade.... Terá lugar os martes e xoves para nenos e nenas a partir de 6 anos.

VOLEIBOL E MINI VOLEY : O minivoley a partir de 7 anos, e o Voleibol a partir de 10 anos. Terá lugar ós martes e xoves coa dirección técnica e monitores do Club Voleibol Ourense.

ESCOLA MULTIDEPORTIVA : A partir de 7 anos, os monitores ensinarán ás nenas e nenos as habilidades e destrezas de multitude de deportes a nivel individual ou colectivo. Actividades motivamentes e altamente socializantes.Convén lembrar que:

• O prazo de inscrición remata o 27 de setembro

• Que as prazas son limitadas• Que na adxudicación das prazas terán preferencia os nenos que estiveran inscritos a temporada pasada.

• Que a cota trimestral de cada escola infantil é de 23,60 euros, agás a de tenis adulto, e adestramento personalizado de basquet que é de 28,70 euros.(Tamén poderá aboarse por temporada completa)

• Os interesados terán que aportar unha foto tamaño carné e cumprimentar un cuestionario nas oficinas do Pazo dos Deportes.

• Máis información no teléfono 988.24 70 21 o na web. pazopacopaz.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario