AGRESIONS AO PATRIMONIO NATURAL DO BAIXO MIÑO
FURTIVISMO
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
O traballo de campo do sábado 4 de setembro de 2010, levounos ata a veiga do Louro, en Guillarei, Tui. Facía varios anos que non nos achegabamos a esta paraxe, así que era necesario visitar esta zona antes do período de chuvias pois, ao ser un terreno lamacento, a visita a esta zona no inverno está parcialmente vedada. A idea era a de realizar máis unha inspección visual que outra cousa. Así que, unha vez elexido o tramo a visitar, dedicámolo tempo a percorrelo. Agás os escasos sendeiros que hai, a maior parte do terreo está materialmente cuberto dunha espesa vexetación, quedando áreas perimetrais dedicadas ao cultivo de millo. Nótase que tempo atrás, cando había outras necesidades, esta superficie debía estar traballada, diso dan fe as vides asilvestradas que gabean por silveiros e árbores. Na zona hai abundancia relativa de chopos, tal vez sexa a maior chopera das existentestes no Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario