24 de set. de 2010

OURENSE

PESAR POLO PASAMENTO DE DORA VÁZQUEZ

Infogauda / Ourense
O Presidente da Deputación manifestou no Pleno da Corporación provincial o pesar tanto persoal como institucional pola perda da escritora e poetisa ourensá Dora Vázquez, da que resaltou a súa ourensanía.
Texto íntegro da declaración institucional:
Quixera facer constar en acta, en representación dos grupos políticos provinciais e de tódolos deputados o noso fondo e sentido pesar polo pasamento da poetisa ourensá Dora Vázquez Iglesias, tan vencellada ao longo da súa vida, igual ca súa irmá Pura, a esta institución.
Dora foi poetisa, mestra, novelista, defensora da nosa lingoa, escritora de literatura infantil e xuvenil e sempre comprometida con Galicia e con Ourense.
A Deputación foi capaz de crear en vida un premio que honrara ás dúas nosas poetisas e sentímonos orgullosos de que elas pudieran notar no seu corazón o cariño e aprezo desta institución.
Hoxe é un día triste para Ourense. A pesares da idade e de que este desenlace era previsible nos últimos meses, pola súa delicada saúde, cando chega o momento decisivo sentimos igual o peso da dor e da tristura desta perda irreparable para Ourense e para as letras galegas.
Dende este Pleno sumámonos ao pesar de familiares e amigos e á tristura do mundo da cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario