14 de set. de 2010

OPINIÓN

OS VÁTERES DA MONCLOA


Seguindo con isto da memoria histórica do mosquito, hoxe vou facer mención a ese tema tamén caído no esquecemento, o dos WC. Sí, os tan coñecidos e utilizados baños, sanitarios, ou como queiran chamalos, pero en particular vou referirme aos da Moncloa.


Esos WC que pola modesta suma duns 45.000 € o goberno do PSOE contratou no 2008 e que agora renovou coa mesma empresa o servizo de urinarios dixitais, que inclúen programación dixital, sistema bacteriostático e dispensador de fragancias, é dicir España vai pa adiante, pasamos do común a estes baños informatizados que visto o prezo do servizo deberían ata limparnos.
Estes serán utilizados por ZP, o seu equipo de asesores e persoal da Moncloa, aínda que non en todas as dependencias, é dicir non estarán para servizo de calquera posadeira. A subministración dos inodoros farase en réxime de arrendamento, é dicir que se seguen quedando satisfeitos como ata agora, volverán renovar o contrato por cifras similares como neste caso.
Pero isto non é todo, hai que aclarar que o actual aluguer é a continuación dun contrato que se ven renovando dende 1999, é dicir, tamén tiveron estes WC durante os anos en que Mariano Rajoy foi vicepresidente e nos que o contrato foi asinado por Ana Pastor, co cal chegamos á conclusión de que o problema de asentadeiras o tiveron no seu momento tamén no PP, ou aínda máis grave, que hai unha bacteria estrana que deambula pola Moncloa que afecta aos diferentes gobernos que pasan por ela, e que a pesar do gasto exuberante que fan investindo nestes baños, non logran exterminala.
O único que se queda claro é o nome da devandita bacteria, "corruptions extravagantis ", ou o que é o mesmo, "cagan máis do que poden, e cós nosos cartos". Pero iso sí, namentras nos piden austeridade, déixannos no paro, recórtannos presupostos, etc., etc., é dicir mándannos a todos os votantes a "cagar entre o millo". Para rematar, isto é coma todo. ”Cando a merda vale diñeiro, os pobres nacemos sen cú”.

Memoria mosquitos, memoria, que parece que algo cheira a común.

ZZZ…MOSQUITO CAPÓN



COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA

Anónimo dixo:
canta razón tes mosquito. Na miña casa en pouco tempo nin prara papel imos ter.

Anónimo dixo:
o cheiro cheja ata eiquí mosquito, pero o da depuradora tamén.

Anónimo dixo:
cuando se precisa tanto esfuerzo para desinfectar algo, es señal de está muy contaminado el tema, y la política cuanto más arriba parece que peor huele.

Anónimo dixo:
menos mal que estamos en crise e somos austeros, pero o millor e que neste pais ninguen ten dereitos a non ser que se sexa andalu ou catalán xa non quero dicir emigrante ou nomear razas.

A min se me esgotou o paro e xa non podo comer, pagar a quen deba ou tan simple coma dalle de comer os meus fillos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario