LOUZÁN ASINA UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CASELAS PARA A CONSTRUCCIÓN DE UN CENTRO SOCIOCULTURAL
O presidente provincial aproveitou a súa presenza en Salceda para visitar as obras do Campo de Penedo Redondo que están «nunha etapa moi avanzada de execución»
Infogauda / Salceda de Caselas
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo alcalde do Concello de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e varios técnicos provinciais, visitou hoxe o campo de fútbol de Penedo Redondo, en Parderrubias (Salceda de Caselas), para supervisar o estado das obras que a Deputación está a acometer nel.
Louzán comprobou en primeira persoa que a canalización está xa instalada e que actualmente estase a rematar a aplicación do aglomerado previo á dotación de céspede artificial. Ó tempo, está en marcha a construción dunha bancada cuberta, tamén con cargo ós fondos do PID (Plan de Investimentos da Deputación).
O orzamento total desta obra ascende a 498.000 euros, dos cales o Concello de Salceda aporta o 25 %. Ademais da obra de infraestrutura, a Deputación dotou tamén a este campo dun xogo de porterías de fútbol 11 e dous de fútbol 7, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos.
Construción dun Centro Sociocultural

O presidente provincial aproveitou a súa visita a terras salcedenses para asinar un convenio coa Asociación de Veciños de Caselas, representada polo seu presidente, Carlos Pérez. O obxectivo deste acordo é a construción dun Centro sociocultural, concibido como un punto de encontro veciñal. O citado local será empregado para o desenvolvemento de actividades diarias de asesoramento e información, actividades periódicas de carácter cultural, lúdico, educativo e formativo dirixidas a todos os sectores da poboación e actividades puntuais de índole festivo, comunitario ou conmemorativo
Ningún comentario:
Publicar un comentario