O coro Kaleetan Kantuz (Eibar, Gipuzkoa), dirixido por Iria Muñoz de Santiago, actuará na vila de A Guarda
• Este venres, 27 de xuño, a partir das 19:30h, pasacalles desde a praza do Reló, á praza de Avelino Vicente, rúa Concepción Arenal e rúa do Porto
Infogauda / A Guarda
Este venres, 27 de xuño, a partir das 19:30h, teremos unha visita moi especial: o coro Kaleetan Kantuz, de Eibar (Gipuzkoa), que efectuará un pasacalles desde a praza do Reló, praza de Avelino Vicente, rúa Concepción Arenal e rematará na rúa do Porto.
Kaleetan Kantuz, que en galego, significa Cantando nas rúas, irán enchendo coa súa música as rúas da nosa polas que pasarán, por vez primeira.
Este coro ten como obxectivo recuperar a tradición eibarresa de cantar na rúa ou nos bares, tamén coñecido como txikiteo ou en Galicia, cantos de taberna. Ensaian un día a semana, e saen un sábado ao mes, por diferentes puntos ca cidade.
Esta agrupación está formada por uns 40 integrantes interpretando repertorio maioritariamente en euskera e castelán, aínda que durante este curso tamén traballaron con cancións galegas e portuguesas.
A directora do coro é Iria Muñoz de Santiago, de Figueiró (Tomiño), que en outubro de 2024 incorporouse ao frente desta agrupación. Actualmente encóntrase estudando o grao de Pegagoxía en Musikene, Centro Superior de Música de Euskalherría. Tamén dirixe o coro eibarrés Beheko Tokia, pertencente ao Hogar del Jubilado (Jubilatua Etxea).
Kaleetan Kantuz contan cun gran percorrido ao redor do mundo, habendo visitado lugares como Estambul, New York, A Patagonia (Arxentina), Alemaña,..., e tamén actuaron a nivel nacional, en espazos como o Teatro de Barakaldo ou o Coliseo, de Eibar, entre outros.
Ademais da súa actuacion na vila de A Guarda, o coro Kaleetan Kantuz actuará o vindeiro sábado, 28 de xuño, ás 12:30 h, en Vila Nova de Cerveira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario