26 de xul. de 2010

PONTEVEDRA

PREVISIÓNS INFORMATIVAS
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
MÉRCORES, 27 DE XULLO DE 2010

AXENDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, RAFAEL LOUZÁN

11:00 horas
O presidente, Rafael Louzán, visita a primeira empresa asentada no Polígono Industrial de Barro-Meis. Punto de encontro: rotanda de entrada ó polígono (PO-531, tramo antigo).

14:00 horas
O presidente, Rafael Louzán, xunto co alcalde de Porriño, Nelson Santos; o alcalde pedáneo, Alejandro Lorenzo; e a delegada da Xunta de Galicia, Lucía Molares, participa na presentación da Festa do Cabrito. Na sede da Entidade Local Menor de Chenlo, en Chenlo (Porriño).

20:00 horas
O presidente, Rafael Louzán, participa na inauguración da exposición “Xeografías Contemporáneas. Obras da Colección do CGAC”, no Pazo de Torrado. Neste acto que se enmarca dentro da Festa do Albariño, participarán tamén o Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, e o director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Miguel von Have. No Pazo de Torrado, en Cambados.

AXENDA DO VICEPRESIDENTE JOSÉ MANUEL FIGUEROA
20 horas
O vicepresidente e presidente executivo do OAL Rías Baixas, José Manuel Figueroa, recolle o Premio Hércules que entrega a Asociación ACIGU, de A Guardia. No local da asociación, rúa Agustín Nandín 4, en A Guarda (Pontevedra).

Ningún comentario:

Publicar un comentario