O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN RECIBE Á XOVE FINALISTA DO “NOBEL JUNIOR DA AUGA”

Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibíu hoxe no Centro Cultural á xove ourensá de 15 anos Uxía Fernández Bustillo, quen foi galardoada como finalista do “Nobel Junior da Auga”, un premio, que ao igual que os Premios Nobel de ciencias para adultos, ven a recoñecer os proxectos que desenvolven os investigadores máis prestixiosos do mundo, pero neste caso aplicado a estudantes de ESO e Bacharelato.
Uxía Fernández e a súa compañeira de investigación, Ana Esteban Baloira, viaxará a Estocolmo acompañadas polos seus titores do Colexio Guillelme Brown de Ourense e polos seus familiares, para recibir o galardón que recoñece á súa aportación á ciencia.
Uxía Fernández e a súa compañeira de investigación, Ana Esteban Baloira, viaxará a Estocolmo acompañadas polos seus titores do Colexio Guillelme Brown de Ourense e polos seus familiares, para recibir o galardón que recoñece á súa aportación á ciencia.
No acto de recepción por parte do presidente provincial tivo lugar tamén a entrega de credenciais e diplomas, que acreditan ás xoves investigadores como galardoadas co premio. Xunto a José Luis Baltar estivo Uxía Fernández; a subdirectora do colexio Guillelme Brown, Teresa Vela García, e o representante da empresa Kemira Ibérica, Juan Compayn, patrocinadora dos premios “Nobel Junior da Auga” en España.
O traballo que foi merecente do recoñecemento internacional é dun novidoso sistema que permite regular a temperatura das habitacións dunha casa por medio de auga que se introduce nas dobres cámaras de cristal das fiestras. “En lugar de aire, que é o que teñen as fiestras normais das casas, non metémoslle auga que imos tintando de diferentes cores para ir regulando a temperatura das habitacións”, explicou Uxía Fernández, quen dixo que se lle ocorríu a idea un día “que estaba pasando moito calor na galería da miña casa”.
O presidente da Deputación felicitou ás premiadas e dixo que o feito de que en Ourense poidamos destacar por aspectos tan importantes como a investigación “fai que nos sintamos orgullosos destas novas xeracións de mozos e mozas que veñen pedindo paso cunha excelente formación, ao que todos temos que responder con apoio e dedicación. Por elo, dende aquí anímovos a que sigades traballando e que saibades que sempre contaredes co apoio da Deputación de Ourense para continuar pola vosa senda do progreso e da investigación”.
O desenvolvemento deste singular proceso de climatización foi posible grazas a colaboración, supervisión e apoio que en todo momento lle amosou o equipo docente do colexio Guillelme Brown, o único centro de España que acada por segunda vez un premio destas características. A súa subdirectora, Teresa Vela, afirmou que “a busca de novos investigadores e a excelencia no ensino son dous obxectivos nos que traballa o colexio”, e dixo no nome do equipo directivos sentirse “moi satisfeita polo resultados e polo traballo das alumnas e dos titores”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario