8 de xul. de 2010

CHAPELA

LIGA GALEGA DE TRAIÑAS


ROBALEIRA ACADOU O POSTO 9º EN CHAPELA


Fotografías: todoremo.com


C. R. Robaleira


A pasada fin de semán disputouse a 3ª regata puntuable de Liga Galega de Traiñas, na que a nosa traiña séguese consolidando pois voltou a situarse na 9ª posición, esta vez gañándolle a partida a Ares, polo que agora quedamos empatados a puntos con dito clube, e ademáis recurtando segundos aos de diante, pois acabouse a regata a só 1" do 8º (Vilaxóan) e a 2" do 7º posto (Perillo). Unha mágoa non haberlle recurtado eses 2" ao tempo, pero pese a todo un posto moi positivo que nos fae seguir sumando uns puntos moi importantes nunha clasificación tan axustada. Ademáis, para esta regata Robaleira estreaba material, pois foille cedida por Samertolameu de Meira unha nova traiña Amilibia moito máis nova ca anterior e por parte de Vilaxoán unha nova palamenta máis ríxida ca anterior e que o noso clube viña pedindo pois era preferible a anterior cedida por Meira. Ante isto, o noso clube quere volver a agradecerlle a todos os clubes que están colaborando con nóss e facendo posible que estemos ahí competindo xunto a eles: a S.D Samertolameu de Meira, pola anterior traiña e pola nova que agora nos prestaron ademáis da anterior palamente; ao C.R. Vilaxoán pola nova palamenta; ao C.R. Amegrove polo carro para o transporte; e ao C.R. Mecos pola pica prestada fai xa algún tempo. A todos eles GRAZAS por facer posible todo isto.




Agora espérannos dúas regatas moi emocionantes, pois os tempos están moi axustados pola zona media da clasificación e cada punto será moi importante para acabar en boa posición o fin de semán.

Ven a animar ao teu clube, o sábado 10 de xullo as 17:30 h en Cangas (Pontevedra) en que se disputará a XXIII BANDEiRA CONCELLO DE CANGAS) e o domingo 11 de xullo ás 11:30 h en Santa Cristina, Perillo (A Coruña), onde se disputará á XX BANDEiRA CONCELLO DE OLEIROS , ou tamén poderás seguir a regata do domingo en directo pola nova canle "V Televisión".

Ningún comentario:

Publicar un comentario