ALICIA ALONSO: RETROSPECTIVA 1958 - 2010
- A exposición poderase visitar na Cas dos Alonso (Praza do Reló), do 17 de xullo ó 14 de agosto de 2010

Infogauda / A Guarda
Desde o 17 de xullo ó 14 de agosto de 2010, a planta baixa do inmoble coñecido como Casa dos Alonsos, na Praza do Reló, de A Guarda, acollerá unha exposición retrospectiva da obra pictórica da artista guardesa Alicia María Alonso Fernández (Alicia Alonso).
A mostra abrangue tódalas etapas da súa produción artística dende 1958 ata 2010, e nela poderánse ademirar acuarelas, debuxos e óleos, configurando unha mostra moi ampla do seu sorprendente quefacer creativo.
En tódolos cadros de Alicia Alonso, hai unha querencia pola xente do agro e do mar, onde á paisaxe foi modelada co devalar dos milenios, polas persoas que fixeron do seu labor cotiá, seu medio de supervivenza.
A mostra, comisariada e coordinada por Manuel Ángel Álvarez Pérez, especialista en arte contemporáneo pola USC, que no verán de 2009, xa acreditou seu bó facer co gallo da exposición de Antonio Fernández Gómez, realizada no Centro Cultural e Social de A Guarda, vai ser un evento que concitará a visita de moitas persoas, amigas e familiares de Alicia Alonso, e ademiradores e coleccionistas da súa obra.
Será unha boa oportunidade para apreciar como nunca deica agora, a traxectoria plástica dunha muller volcada vocacionalmente na Arte.
A CASA DOS ALONSOS DEBERA SER UN LUGAR DE REFERENCIA CULTURAL NA VILA DE A GUARDA
Esta exposición de Alicia Alonso debera se-la a punta de frecha, para facer da Casa dos Alonsos un lugar de referencia da Cultura e da Historia de A Guarda, onde própios e visitantes, poidamos reencontrarnos cos nosos devanceiros: Manuel Ángel Álvarez, Juan Domínguez Fontela, Feliciano Rolán Vicente, Juan Bautista Alonso Español, Manuel Álvarez Vicente,..., entre outros.
Impoñer uns usos diferentes os mencionados, cando A Guarda carece dunha axeitada infraestructura cultural, é ir contra á vontade do pobo. Pero iso, como é obvio, será responsabilidade dos que así o decidiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario