Con isto do Mundial de Fútbol, cren que estamos tan entretidos que nos volvemos cegos para non ver o que acontece a noso arredor. Que son mentireiros xa tiñámolo claro dende hai moito tempo, que cren que somos parvos tamén, pero que ademais con total chularía pasan de todo o que lles diga, xa é o colmo dos colmos.
Estou a ver como dende hai algún tempo, como un guardés con nome e apelido solicita medidas de seguridade vial ao concello, e ademais de mentirlle descaradamente dicindo que xa se notificou ás autoridades destas irregularidades (pero non se lle envía a copia da carta claro), incúmprese totalmente dende o concello coa primeira función que lles atinxe, "estar ao servizo dos cidadáns", que non só os puxeron aí, senón que ademais lles pagan o salario. Sabemos que todos poden equivocarse, pero se se lles está a avisar, o erro convértese en ineptitude. Este pobo, como dixen en reiteradas oportunidades, ten graves problemas que non se solucionan saíndo na TV, nin se tapan con bandeiras azuis, nin con festas e musiquita a carón do monte.
Repito por enésima vez, señores gobernantes en maioría absoluta (eses que fan aquilo que lles sae dos H... ), estades aí porque vos puxemos cós nosos votos para traballar en beneficio do pobo da Guarda, non para beneficiarvos a vós e aos vosos amiguetes de turno. Pagámosvos o salario todos os meses para que exerzades un cargo ao servizo de todos nós, cumprindo polo menos as promesas electorais que nos vendestes e non para que nin sequera atendades aos veciños. Que eu saiba non hai guardeses de 1ª e de 2ª, ou si?

Cando determinados personaxes por todos coñecidos, achéganse á casa grande, nin piden ser atendidos, nin son desoídas as súas "peticións", haberá que descubrir "que palabras" usan e en qué "idioma", para comprender porqué son se os escoita e atende con presa e eficiencia.
Esta fin de semana é a Festa da Lagosta, para a papada non ha de faltar ningún, nin para saír pola tele, sería bó para todos, que coas mesmas ganas vos puxésedes a traballar a favor do pobo, aínda que xa sei que iso é pedirvos imposibles.... para todo hai que valer...
zzz...MOSQUITO CAPÓN
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Tranquilo mosquito que estaban todos os da maioría darlle que darlle ao albariño, como pagamos nós hai que aproveitar...

Ningún comentario:
Publicar un comentario