3 de xul. de 2010

CAMPOSANCOS

AS SALINAS: UN PATRIMONIO A ESPALLAR E PROTEXER

Na imaxe amosamos unha fermosa salina exenta, na que algúns "técnicos" (?) deixaron as testemuñas da súa falla de respecto polo noso Patrimonio Arqueolóxico


Infogauda / Camposancos

No litoral guardés, e máis concretamente no correspondente á Camposancos, temos observado varias mostras de salinas pétreas. Seu formato é variado, aínda que súa tipoloxía é bastante semellante en todas elas. Así, segundo os exemplares que vimos observando desde fai varios anos, as salinas están realizadas sobre pedras de moi variado tamaño. Temos ollado salinas practicadas sobre pedras exentas, de apenas uns 50 quilos e outras que poden acadar máis de 500. Nas que coñecemos, os autores anónimos destes útiles empregados para a obtención de sal mariña, practicaban un rebaixe sobor dunha superficie máis ou menos chá, deixando un borde perimetral para que a auga salgada non saira dese espazo.
O proceso de obtención da sal, era ben doado, a rochas onde se practicara a salina, están expostas o sol e o vento. Dese xeito, abondaba con verquer auga do mar nelas e a mornura que acadara a pedra, xunto coa acción da brisa mareira, daba lugar a evaporación do líquido elemento, quedando finalmente a sal, que era un producto moi valorado.
A día de hoxe, que nós saibamos, ninguén da contorna emprega esas industrias primitivas para o obtención da sal. Dese xeito, os exemplares desas salinas están totalmente esmorecidas, sen catalogar, nin tampouco contan con paineis informativos que contribúan a posta en valor dese patrimonio arqueolóxico. Asemade, as de máis pequeno formato, están expostas a que os desaprensivos poidan "muda-las" de emprazamento.
Desde Infogauda, chamamos á atención sobor da necesidade de protexer ese patrimonio antes de que sexa demasiado tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario