Manuel Angel Pombal Diego, Peque
Como é tradición e costume, sempre que o tempo acompañe, o primeiro domingo de Xuño celébrase o Curro de Torroña e o domingo seguinte o Curro de Mougás. Ámbolos dous se levan a cabo no concello de Oia, e en plena serra da Groba.
Así pois o Curro de Torroña (Parroquia de Burgueira) foi o domingo 6 de Xuño. Aínda que a madrugada estivo algo fresca, a mañán apareceu bastante boa e foron moitos os cabalos (ou “burras” como lle chaman nos arredores) que os gandeiros puideron xuntar. De feito sole ser normal que o de Torroña sexa o Curro que máis bestas xunte dos tres que se celebran no concello de Oia (o terceiro é o da Valga, que sempre se celebra o segundo domingo de maio).

Fonte: anabam.org

Ningún comentario:
Publicar un comentario