Carlos Silva presenta a baixa no PP e renuncia a todos os seus cargos públicos
Así o comunicaron esta tarde en rolda de prensa o vicepresidente do PP Provincial e a secretaria xeral desta formación
· A sentencia da Audiencia Provincial condénao pola concesión irregular dunha licencia para unha única vivenda unifamiliar, o que “demostra que non había ningún beneficio urbanístico”
Partido Popular / Pontevedra
Carlos Silva comunicou esta mañá a súa baixa no Partido Popular, ademais de presentar a renuncia a todos os cargos públicos que ata o de agora viña desempeñando. Así o comunicaron esta tarde en rolda de prensa a secretaria xeral do PP en Pontevedra, Begoña Estévez, e o vicepresidente do partido, José Manuel Figueroa.
Carlos Silva adoptou esta decisión nada máis coñecer a setencia da Audiencia Provincial de Pontevedra pola que se absolve dun delicto de prevaricación continuada, pero se mantén a condena por un delicto de prevaricación agravada como consecuencia da concesión irregular dunha licencia urbanística para unha vivenda unifamiliar.
O vicepresidente do PP provincial agradeceu a “celeridade” de Carlos Silva á hora de presentar a súa renuncia e a responsabilidade coa que asumiu a decisión da xustiza.
Nesta liña, o dirixente popular recalcou que a sentencia inicial condenaba a Carlos Silva pola presunta concesión irregular de 39 licencias, pero que tras o recurso presentado, o órgano xudicial acordou absolvelo de 38 deses 39 delictos e “condénao única e exclusivamente pola concesión de licencia dunha única vivenda unifamiliar” o que “demostra que non había ningún beneficio urbanístico” e que os únicos beneficiarios desas licencias eran 39 familias de Gondomar.
Figueroa incidiu en que a sentencia se basea nunha interpretación puntual do PXOM que a xustiza considerou errónea, fronte ao cal Carlos Silva decidiu responsablemente presentar de forma inmediata a súa renuncia a todos os cargos públicos. “É unha mostra do talante e o estilo democrático de Carlos Silva”, recalcou Figueroa.
Pola súa banda, a secretaria xeral do PP salientou a “responsabilidade e sentido de partido” amosado por Carlos Silva que, en canto tivo coñecemento da sentencia e sabendo que nestes casos o partido contempla a suspensión de militancia, decidiu presentar el mesmo a súa baixa como militante.
MANIPULACIÓN
En resposta a preguntas dos xornalistas, José Manuel Figueroa enmarcou as acusacións e críticas dos socialistas en relación a este caso nun intento de “manipular e enganar á opinión pública” para tratra de disimular e desviar a atención sobre o que “de verdade teñen enriba” co asunto da trama agraria.
Neste sentido, Figueroa quixo recalcar que a sentencia coñecida hoxe se refire a un caso no que unha xunta de goberno dun concello fixo unha interpretación concreta do Plan Urbanístico que a xustiza considera inadecuada e que non ten nada que ver con ningunha outra institución.
O PP, indicou Figueroa, “actúa con celeridade e contundencia”, acatando firmemente as decisións da xustiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario