3 de xuño de 2010

OURENSE

RECEPCIÓN DE 50 EMIGRANTES GALEGOS RESIDENTES EN ARXENTINA

Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibiu hoxe a 50 emigrantes galegos residentes en Argentina, que están a facer un percorrido turístico polos seus concellos de nacemento na provincia de Ourense.
Algúns destes emigrantes é a primeira vez que retornan a Galicia despois de mais de 60 anos en Arxentina, “co cal, isto ten para eles unha fonda carga de emotividade, que nós queremos agradecer e compartir ofrecéndolles a mesma hospitalidade que eles nos brindan cando somos nós os que visitamos aquelas fermosas terras”, dixo José Luis Baltar.
Logo da recepción na Deputación, os emigrantes realizaron unha visita turística pola cidade de Ourense, visitando o Casco Vello e as Termas de Outariz, para posteriormente regresar aos seus concellos.
O acto contou coa presenza co coordinador e responsable da Casa de Ourense en Arxentina, Alfredo Enríquez Badas, e cos alcaldes de Ramirás, Bande, Verea e Xinzo de Limia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario