3 de xuño de 2010

OURENSE

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DE TURISMO DAS RÍAS BAIXAS, NO CENTRO CULTURAL



Infogauda / Ourense
O Padroado de Turismo das Rías Baixas presentou hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense a súa campaña de promoción turística e gastronómica do litoral da provincia de Pontevedra, nun acto que contou coa presenza dos presidentes das Deputacións de Ourense e Pontevedra, José Luis Baltar e Rafael Louzán, xunto con empresarios e persoeiros dos ámbitos institucionais e sociais da provincia de Ourense.
Trala introdución do acto por parte do director do Centro Cultural da Deputación de Ourense, Francisco González, interviñeron Juan Manuel Vieitez, secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, e José Ramón Meiriño, presidente do Consello Regulador de Viños Rías Baixas, quen enumeraron as destacadas cualidades tanto do potencial turístico como vitivinícola das Rías Baixas.Pola súa banda, José Luis Baltar dixo que as “provincias irmás” de Ourense e Pontevedra “comparten non só unha importante riqueza paisaxística, monumental e turística, “senón que tamén comparten ás súas xentes, pois Pontevedra é o destino estival preferido polos ourensáns ata o punto de que as Rías Baixas se converteron na praia de Ourense”.Nesta mesma liña, Rafael Louzán, afirmou que esta campaña promocional das Rías Baixas “vai encamiñada a atraer turistas que vivan a menos de 4 horas de Pontevedra, principalmente das demais provincias galegas, asi como de Castela-León, Asturias e Portugal, pois nestos momentos de crise as preferencias do turismo fan que a xente opte por destinos máis achegados”.A campaña presentada hoxe consiste na exhibición de vídeos turísticos e gastronómicos das Rías Baixas, promoción que se complementa con publicacións e trípticos que reflicten o valor patrimonial e lúdico das Rías Baixas. Como especial complemento, os asistentes puideron degustar un variado menú cos pratos máis típicos da provincia de Pontevedra, con especial dedicación ao seu manxar estrela: o marisco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario