5 de xuño de 2010

A GUARDA

IMAXES DA FESTA DA BICICLETA

- Crónica dunha improvisación temeraria


Infogauda / A Guarda

Na tarde deste sábado día 5 de xuño tivo lugar a Festa da Bicicleta, orgaizada pola Deputación de Pontevedra, e na que participaron varias decenas de persoas de tódalas edades, procedentes do veciño concello do Rosal e tamén de A Guarda.
Logo de haber transcorrido tan soio uns minutos da darse a saída, previa a cal foron espricadas pola megafonía, as pautas a seguer na marcha cicloturista, ésta tivo que deterse na intersección das Rúas Rosalía de Castro e Galicia. A causa desa interrupción, que durou uns minutos, foi debida a circulación de automóveis no tramo urbán polo que ían pasar os participantes da marcha, e para non pólos en perigo, tanto o vehículo da Deputación como os membros do Club Ciclista Guardés, que ían na cabeceira da marcha, optaron por deterse, namentras non deixaron de pasar coches.
A descoordinación do equipo humán que tiña encomendadas ás tarefas de regular o tráfego quedou de manifesto. Tal foi así, que o concelleiro de deportes, Javier Crespo, baixouse da súa bicicleta - que deixou por uns intres, apoiada nunha farola - e logo de observar o panorama que estaba producíndose puxo en marcha a táctica Efrén Juanes, que como saben polos medios de comunicación social, fai unhas semanas púxose a dirixi-lo tráfego en Nigrán - onde exerce como alcalde -, no decurso dunha proba deportiva.
Ainda que neste caso - co gallo da Festa da Bicicleta -, á intervención do concelleiro Crespo dirixindo o tráfego rodado foi durante un breve espazo de tempo. As imaxes de Infogauda son a testemuña gráfica do que lles decimos.


Logo do que poderíamos calificar como unha anécdota, afortunadamente, temos que salientar que non é a primeira vez que observamos como a improvisación semella ser o recurso máis socorrido. Xa aconteceu algo semellante no día de Desfile do Traxe Rexional, ainda que nesa ocasión non houbo ningún concelleiro que emulase os axentes da Policía Local. Pero sí que n´un amplo tramo da Rúa Concepción Arenal, chegaron a estar circulando vehículos a motor namentras as persoas participantes no desfile se dirixían o auditorio San Bieito.

Que non hubese acontecido ningún sinistro non debera ser xustificación para deixar o chou á seguranza dos participantes neste tipo de eventos. E diso deberan tirar á oportuna lección os que teñen responsabilidades de goberno no Concello da Guarda, i en concreto alcalde e o concelleiro de tráfego. Por certo, ningún dos dous estaban presentes nesa actividade.


Voltando novamente a Festa da Bicicleta, as imaxes son boa proba de que a cidadanía está sempre disposta a participar nestas actividades. Polo tanto, un 10 para ás persoas de tódalas edades que sairon coas súas bicicletas a rúa e un 0 para os representantes do Concello da Guarda pola demostrada improvisación e a súa evidente temeridade.



OS VOSOS COMENTARIOS:
Anónimo dixo:
O Concelleiro de Deportes como tamén o é de patrimonio, deixou a bici e adicouse a cuidar do PATRIMONIO HUMÁN, menos mal que sirve para algo. Queda unha dubida no aire, COBRARÁN EXTRAS OS MUNICIPAIS NO MES DE XUÑO POR NON APARECER EN NINGUN SITIO? SEGURO QUE SÍ, E SENÓN AO TEMPO.
Anónimo dixo:
Le queda mejor la pinta de poli que lo que hace por el deporte. Que siga así y los destinen a la Alameda, así nos da paso para el instituto.
Anónimo dixo:
Parece mentira que non sepáis que a Policía Local do noso pobo ten varias prioridades no seu traballo : " ATOPARSE EN CALQUER SITIO MENOS DONDE SE OS NECESITE "." CANTO MÁIS MAL O FAGAN: MELLOR "." CANTAS MÁIS MULTAS TONTAS POÑAN: MELLOR ". " CANTO MÁIS LLE OBEDEZCAN AO CONCELLAL DE TRÁFICO MÁIS HORAS EXTRAS FAERÁN E COBRARÁN MÁIS ". " CANTO MÁIS JOROBEN AOS ENEMIGOS DO GRUPO MUNICIPAL: MELLOR ". Aos lectores de INFOGAUDA lles pediría si eles saben algo Bó que faen os efectivos da Policía Local ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario