Naceu na Vila da Guarda en 1945, dende súa nenez foi moi observadora e sensibel, polo que pronto detecta que nunha vila mariñeira, podía contemplar, xentes mariñeiras e da vila, así como das persoas provintes dos barrios e bisbarras da contorna, que acodían aos mercados, comercios, ou a sacar argazo do mar, mesturándose cos demais dando vida ó pobo.
Pintora autodidacta, o longo da súa traxectoria foi coñecendo algunhas persoas e alguns feitos que a influiron. Os trece anos coñece ao pintor goianés Antonio Fernández o que despois de contemplar o cadro que esta Álicia lle mostraba pintado por ela, deu seu consello, “tes que camiñar sola, traballa moito, chegarás, sempre que teñas forza…” e así o fixo, camiñando sola, traballando e con forza… deu chegado!
A pintura de Alicia ten moito que ver co pasado, cas costumes, cas persoas, con todas aquelas esceas que presenciou e que foi rexistrando na memoria. “Sempre me impresionou o colorido e o movimento”. Temporais, longas invernías, mulleres, nais, loito, esceas do porto, roupas de augas dos mariñeiros con “suestes” untados de aceite para durar mais tempo, con aquel olor característico da tea aceitada, mulleres cargadas con redes na cabeza, ou lavando as mesmas na fonte da Ribeira, homes e rapazes con palangres e rodos as costas, moitos deles descalzos.
As tabernas do porto, tazas brancas con viño do país, boinas caladas, vestidos de cor mahón, dun azul desgastado polo sol, mozas e mulleres petadoras de casca, que mais tinxiría as redes de algodón no pote. Os fillos, moitos fillos, a carón das nais, correndo pola Ribeira. As “poubanas” que chegaban a Guarda no mes de setembro, procedentes de Tui, Ribadavia e outros lugares, para tomar baños de auga salgada, todas de negro, cas facianas de cor do leite, “as gaivotas” lle dicían na Marina.
Alicia para pintar debe sentir os sons do campo, o cor da herba, o frío do inverno na pel, o sol, o sabor da auga salgada nos beizos, ver con ollos do interior as xentes, a paisaxe. “Chega un momento que te invade, non solo o que tes arrededor, o natural, o sinxelo, o campo, senon o que unha fai. Enton é como entrar nunha maxia, envólvete a terra… envólvete un TODO.
“Los seres humanos reflejados en mis cuadros están inmersos en una soledad profunda y esto es quizás lo más significativo en la temática de mi pintura a lo largo de mis diferentes etapas…” “Quiero buscar la sensación de que los personajes se desvanezcan entre la niebla transparente y luminosa…”
“..la luz de mis cuadros era más intensa y reflejaba exactamente lo que yo veía y quería transmitir…”
Nas distintas etapas polas que foi evolucionando destacan a pintura o natural, mais tarde a pintura negra, a base de poucos trazos, pero moi fortes que empregaba en figuras como se estivera buscando o desenrolo da libertade, sobre de todo figuras de homes fortes e rudos, pasa a outra etapa colorista na que pinta xitanas, mulleres nas feiras etc. Mais tarde pasa a pintar no estudio, na búsqueda de tonos tostados suaves, ocres, tonos de fume… ríos ribeiras, mar, campo, terras… era como si tivera ou acadara unha maxia especial para traballar… temas de barcos, sol, néboa, a Ribeira, o silencio... Finalmente chega a etapa intimista, descobre os tonos violetas e azuis, cadros practicamente brancos, pero co sol detrás da néboa, o vento nas roupas que se moven, como se estiveran empurrando a vida mesma, volven as figuras femininas en tonos suaves, como a paz.
Con raras excepcions Alicia expuxo é expón dentro de Galicia, comezando en 1975 con unha Mostra do Baixo Miño; A Guarda (1978); Hotel Bahía (1980); Caixa de Aforros de Vigo (1980); Gran Hotel da Toxa (1981); Caixa de Aforros de Ourense (1982); Bienal de Pontevedra (1983); Caixa Vigo (1985); Artistas Galegas “Alecrin” (Vigo 1987); Pazo da Deputación de Pontevedra (1988); Caixa Ourense (1988); Sala “Durán Lóriga” (A Coruña 1989); Exposición homenaxe, “25 anos de pintura de Alicia Alonso” (A Guarda 1995); Galería Herranz (Madrid 1997); No Centro Cultural, expuxo os seus cadros, xunto a obras do escultor Magin Picallo (A Guarda 2005), etc., etc.
Edita en 1980 un libro de debuxos da Guarda “Apuntes para unha historia”; Ilustradora dos debuxos para o libro de Eliseo Alonso “Gamelas e mariñeiros” (1987); Colaboradora artística na revista “Arte Galicia” (Madrid). Como persona mergullada nos aspectos sociais do noso pobo ten doado obras da súa autoría a Concello da Guarda “Tío Callao” (1980); Asociación Érguete Baixo Miño ca obra “Nai” (1991); Ao pobo da Guarda no Centro Cultural ca obra “Fillos do Mar” (1992) e outras mais doazons relacionadas sempre con aspectos sociais.
Como resume de algunhas referencias bibliográficas podemos sinalar, “Ciclo Plástica Galega” (1980); “Antoloxía das Festas do Monte” (1988); “Enciclopedia Galega” (1990); “Xornal Diario” (Galardonado co “1º Premio de Xornalismo Vila da Guarda” (1991); “Quien es quién en la Galicia de los 90” (1993); “Alicia Alonso, 25 anos de cores e formas”, patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, homenaxe oficial do pobo guardés aos 25 anos de dedicación a pintura e de plasmar aspectos cotidiás do noso pobo (1995). Fundadora do Grupo IMPAS de pintores no ano 1991. Foi distinguida no Concello de Vigo na efeméride a Concepción Arenal, como “Galega Destacada 2004” pola Asociación de Mulleres “Diálogos 90”.
A Xunta Directiva das Festas do Monte 2010, síntese orgullosa de ter como pregoeira a esta guardesa de pro. Como di Alicia “Mulleres e homes tamén, fronte o engano da vida, pero fieis á loita interna pola libertade e o amor, por saberse únicos neste mundo onde é preciso gardar todo aquilo que fai da eixistenza un espacio aberto á xenerosidade e á beleza…”
A Comisión
Ningún comentario:
Publicar un comentario